Ir al contenido principal

Entradas

"Relicario" de Carlos Fer: unha proposta taumatúrxica (¡)

A taumaturxía, facultade de realizar prodixios segundo  o Diccionario da Real Academia Española. A celebración do oitavo centenario da consagración da catedral é unha feliz oportunidade para achegármonos á visita ou, mellor aínda, ao coñecemento deste templo, da súa significación, das súas dimensións materiais e inmateriais, da súa capacidade de evocación... pois a catedral non deixa de ser un gardián da memoria do territorio miñoto, unha enorme teca que custodia a nosa historia colectiva de tantos séculos de vivencias compartidas. Esta catedral semella, ás veces, un espazo aletargado no tempo, que vive nunha somnolencia paralela aos procesos históricos de secularización, que minguan a practica relixiosa e consecuentemente provocan unha perda da súa relevancia social, se falamos en termos xerais, e de perda de protagonismo, dende unha óptica mais local, especialmente tras a conversión da sede tudense nunha diocese dúplice (Tui-Vigo) e o traslado dos organismos diocesanos á cida...
Entradas recientes

Anteriores eclipses en Tui

Levamos xa meses cunha intensa información e preparación sobre a eclipse total de sol que terá lugar o vindeiro mércores 12 de agosto e no que Galicia será un dos puntos máis idóneos para observar este fenómeno astronómico. A anterior eclipse total visible en Galicia tivo lugar o 17 de abril de 1912, pero foi unha eclipse total instantánea. A próxima eclipse solar total visible en Galicia será no ano 2053. Imaxe da eclipse de 30 de agosto de 1905 publicada en "La Integridad" Permítanme os seguidores de Tudensia a redundancia pero resulta fascinante a fascinación que suscita entre a poboación a presenza deste suceso, ben é certo que a súa periodicidade é ben distante e poucas oportunidades hai para ollar un fenómeno semellante. Noutrora a existencia dunha eclipse era unha ocasión para o misterio, un momento de agoiro de desgrazas que provocaban o temor nas multitudes, hoxe, cos avances científicos que nos permiten coñecer con máxima precisión o momento concreto deste aco...

701 anos da peregrinación de Santa Isabel de Portugal, a Rainha Santa

Celebramos estes días o 701 aniversario da peregrinación a Compostela de Santa Isabel de Portugal, a Rainha Santa , cando xa estaba viúva do rei, D. Dinis. Esta peregrinación é unha das principais referencia do culto e a devoción xacobea en Portugal e do propio Camiño Portugués, que ten en Tui un dos seus principais enclaves cunha rica historia ao longo dos séculos. O pasado ano dende o Concello de Tui e o Instituto de Estudios Tudenses foi lembrada esta conmemoración cunha conferencia e diversas actividades arredor desta data do 25 de xullo. Hoxe recollemos en Tudensia un resumo daquela conferencia que sinala a transcendencia da figura da Rainha Santa   que aínda na actualidade segue sendo unha referencia imprescindible ao falar da cultura xacobea en Portugal, mais aló da súa significación na historia do reino portugués [i] . A inmensa maioría dos peregrinos que realizaron o Camiño Portugués ao longo do tempo permanecen no anonimato. Unicamente rescatamos deste esquecemento ao...