Se algunha vez escoitamos falar sobre a figura do tudense Calvo Sotelo, todos acostumamos a referirnos á José Calvo Sotelo, nado na nosa cidade en 1893, avogado e político, ministro de Facenda en tempos do Directorio de Miguel Primo de Rivera, lider do grupo monárquico "Renovación Española" na II República e asasinado o 14 de xullo de 1936, nun acontecemento que para moitos apurou o levantamento militar que desencadeou a Guerra Civil. Sen embargo, é amplamente descoñecida a figura de Leopoldo Calvo Sotelo, tamén nado na nosa cidade o 15 de novembro de 1894. Ambos eran fillos do xuiz Pedro Calvo Camina que exercía por aqueles anos esta función na nosa cidade. Pedro Calvo era natural de Meneses del Campo (Palencia) onde nacera en 1855 e logo de exercer a avogacia en Peñaranda de Bracamonte (Salamanca) xa como xuiz residiu en, entre outros lugares, Bilbao, Huelma (Jaen), Castropol ou Lucena. En Ribadeo casou en 1887 con Elisa Sotelo Lafuente. Deste matrimonio ven a estreita ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses