Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Peregrinación

A presencia en Tui do peregrino Gian Lorenzo Buonafede Vanti en 1717

A literatura odepórica, sobre viaxes, é unha das principais fontes que posúen os historiadores para documentar a historia das peregrinacións a Santiago de Compostela ao longo dos séculos. Estes relatos ademais do interese que posúen polas impresións que os diversos autores recollen da propia peregrinación, das súas motivacións asi como das cidades e lugares que percorren, teñen o valor substancial recoller as rutas ou camiños que os peregrinos percorrían no seu itinerario ata a Catedral de Santiago de Compostela. Xunto a documentación histórica, procedente especialmente dos rexistros dos hospitais de pobres e peregrinos, estes relatos son elementos básicos para documentar a historicidade das rutas xacobeas. Recollemos hoxe un novo relato datado nos inicios do século XVIII, que corresponde a Buonafede Vanti, frade franciscano do convento de Castel San Pietro, provincia de Bolonia. Peregrinou a Santiago de Compostela no Ano Santo de 1717 e deixou un relato da súa peregrinación, o V...

Peregrinos por los caminos portugueses en la historia (La Voz de Galicia, 29.08.2021)

  O pasado 20 de agosto o xornal La Voz de Galicia publicaba un artigo titulado “ Polémica en el Camino Portugués: ¿Va por Tui o por la costa? ” asinado por Rebeca Cordobés ( https://venagalicia.gal/noticia/2021/08/20/polemica-camino-portugues-va-costa-tui/00031629459513682757620.htm ) que contén un cúmulo de inexactitudes e erros, froito do descoñecemento da historia e significación das rutas xacobeas no norte de Portugal que me levou a preparar unha breve nota, publicada onte domingo no mesmo diario, para clarexar unha realidade histórica que non é cuestionable por moitas noticias que se publiquen. PEREGRINOS POR LOS CAMINOS PORTUGUESES EN LA HISTORIA Publicaba el pasado sábado 21 de agosto este diario un artículo ciertamente sorprendente. Primero porque habla de una guerra en el Norte de Portugal sobre los caminos jacobeos evidenciando toda la crónica un desconocimiento de la situación. En el Norte de Portugal no existe ninguna duda, el Camino Portugués, central, que desde...

Hai hoxe 140 anos rematou a primeira peregrinación colectiva a pé polo Camiño Portugués de Tui a Santiago de época contemporánea

O século XIX é unha época de acelerado crecemento da secularización en numerosos ámbitos da sociedade e, consecuentemente, un tempo dos intentos da Igrexa Católica por reaccionar fronte a este proceso impulsando diversas iniciativas. Un século marcado pola popularización das viaxes, gracias á mellora e extensións dos medios de transporte colectivo, especialmente o ferrocarril. Neste contexto, a Igrexa incentivou as grandes peregrinacións como unha nova expresión pastoral, Roma e Lourdes concentraran boa parte das mesmas.  En Italia, noutro aspecto destas iniciativas, se promoven as investigacións e escavacións arqueolóxicas para o redescubrimento de reliquias sinaladas -abonde con citar os casos de San Francisco e Santa Clara en Asís, San Ambrosio en Milán ou os apóstolos San Felipe e Santiago Alfeo en Roma- que animan os desprazamentos a estes centros de peregrinación. En España xunto ás peregrinacións ao exterior se incentivan a lugares como Begoña, Montserrat, etc. En definitiva...