Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Ponte Internacional; Eusebio Page;

Lembrando a Eusebio Page, fillo adoptivo de Tui, no CXXXVIII aniversario da inauguración da Ponte Internacional

A celebración este vindeiro luns 25 de marzo do CXXXVIII aniversario da inauguración da Ponte Internacional sobre o río Miño nos ofrece a oportunidade de abordar a historia desta obra de enxeñaría, convertida neste tempo no símbolo das relación non xa entre Tui e Valença, entre Galicia e o Norte de Portugal senón incluso entre España e Portugal. Son numerosos os traballos que se achegan á historia desta ponte de ferro secular, tamén neste blog Tudensia [1] , así como os nomes ligados á construción desta obra de enxeñaría que no seu día suscitou enormes esperanzas neste territorio e, moi especialmente, na cidade tudense. Aínda hoxe conservamos no rueiro tudense nomes de persoeiros ligados á construción desta ponte a quen o Concello de Tui dedicoulle unha rúa en gratitude polas súas xestión e compromiso con esta obra pública. É o caso de Lorenzo Cuenca, cuxo nome substitúe á rúa Real ou rúa de Abaixo, e de Ezequiel Ordoñez, o eterno deputado polo distrito, que da nome á rúa da Praza....