Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2021

Bo Nadal 2021

  Neste blog temos recollido en diversas oportunidades a importante riqueza que atesoura a nosa cultura tradicional e popular en relación co denominado ciclo do Nadal. Tanto no gastronómico, con especial mención ao boleardo como doce típico destas datas festivas ( http://tudensia.blogspot.com/2019/12/reivindicacion-do-boleardo-de-nadal.html ) e que lamentablemente temos perdido como referencia singular da nosa doceria, ou aos cantos de nadal, os “aguinaldos”, e moi especialmente de Reis que tanta populares foron ao longo dos tempos na nosa contorna ( http://tudensia.blogspot.com/2010/01/os-bandos-de-reis-tudenses.html ). Detalle do retablo de Nosa Señora do Rosario (Batalla de Lepanto) da igrexa de San Domingos de Tui. Século XVIII. Costumes e lendas que percorreron séculos para conmemorar estas datas de Nadal e aninovo fican hoxe no esquecemento fronte á presión comercial que nos uniformiza esmagando a ampla diversidade de expresións festivas características destas festas navideñas.

O Balneario de Caldelas, a propósito da exposición do seu arquivo fotográfico

  Na Sala Municipal de Exposicións do Concello tudense podemos contemplar ata o vindeiro 8 de xaneiro unha exposición de fotografía antiga que co título de “A nosa auga, a nosa terra, a nosa xente” recolle unha escolma de 77 imaxes procedentes do arquivo fotográfico do Balneario de Caldelas que gracias a unha feliz iniciativa de Ana Rodríguez, xerente do establecemento e continuadora da empresa familiar que leva máis dun século xestionando este lugar de termalismo, de recuperar progresivamente o acervo de imaxes que custodian. Esta mostra, que xa puideron contemplar os clientes do Balneario ao longos das fines de semana do verán, está agora na céntrica sala tudense para que todos os interesados tanto polas técnicas fotográficas como polas imaxes históricas de Tui e a súa contorna. Ao tempo que recomendamos a todos os seguidores de “Tudensia” a visita a esta magnifica exposición, esta colección nos permite achegármonos a outros dous aspectos a reivindicar. Por unha banda, o valor do B