A taumaturxía, facultade de realizar prodixios segundo o Diccionario da Real Academia Española. A celebración do oitavo centenario da consagración da catedral é unha feliz oportunidade para achegármonos á visita ou, mellor aínda, ao coñecemento deste templo, da súa significación, das súas dimensións materiais e inmateriais, da súa capacidade de evocación... pois a catedral non deixa de ser un gardián da memoria do territorio miñoto, unha enorme teca que custodia a nosa historia colectiva de tantos séculos de vivencias compartidas. Esta catedral semella, ás veces, un espazo aletargado no tempo, que vive nunha somnolencia paralela aos procesos históricos de secularización, que minguan a practica relixiosa e consecuentemente provocan unha perda da súa relevancia social, se falamos en termos xerais, e de perda de protagonismo, dende unha óptica mais local, especialmente tras a conversión da sede tudense nunha diocese dúplice (Tui-Vigo) e o traslado dos organismos diocesanos á cida...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses