Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2022

Visitas ao patrimonio tudense (III)

Agora que xa a climatoloxía anima a un paseo de vagar continuamos coas recomendación de novas visitas a elementos, menos coñecidos ou valorados, do noso patrimonio cultural espallados polos territorio do noso concello e que son merecentes de ser apreciados polos nosos veciños e visitantes polos seus valores.  Completamos as achegas realizadas anteriormente e que os interesados poden consulta en http://tudensia.blogspot.com/p/visitas-ao-patrimonio-tudense.html Petroglifos da Macoca – Camiño do Raposo, Pazos de Reis Imaxe tomada de  http://megaliticia.blogspot.com/2019/04/petroglifos-camino-do-raposo-macoca.html Nas abas do Alto dos Cubos atopamos este xacemento de gravados rupestres realizados sobre laxes de granito ao aire libre. Na actualidade presentan unha abondosa erosión natural pero tamén están afectados por antigos traballos de cantería no lugar e, posiblemente, pola pista agora asfaltada que vai dende A Macoca ata Circos. Os motivos destes gravados son liñas e cazoletas de