A actual pandemia debida ao coronavirus é oportunidade para lembrar antecedentes históricos de pestes e andazos na fronteira entre Valença e Tui, daquela era o temor ao cólera (cólera-morbus) que periodicamente afectaba as poboacións de moitos países ocasionando importantes mortandades. Xa recollemos en Tudensia algunhas referencias a episodios pestíferos ( ver: http://tudensia.blogspot.com/2020/03/as-pestes-en-tui.html ou hai xa varios anos: ( ver: http://tudensia.blogspot.com/2009/01/peste-e-fame-en-tuipor-juan-miguel.html ) Estación sanitaria fronteiriza de Tui, 1918 - Foto: Gonzalo Gutierrez Outros episodios deste combate periódico contras o cólera tiveron lugar entre os anos 1844 a 1849 en que existe unha epidemia que percorre toda Europa e chega tamén aos nosos territorios. Tamén hai constancia de mortes en Valença nos anos 1853 e 1854, ordenándose a creación dunha Comisión de Hixiene Pública en abril de 1854 que se reuniría diariamente para avaliar a situación...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses