Ir al contenido principal

"El Lazareto de Valença" e a canción do "bicho"... humor fronte a epidemia


A actual pandemia debida ao coronavirus é oportunidade para lembrar antecedentes históricos de pestes e andazos na fronteira entre Valença e Tui, daquela era o temor ao cólera (cólera-morbus) que periodicamente afectaba as poboacións de moitos países ocasionando importantes mortandades. Xa recollemos en Tudensia algunhas referencias a episodios pestíferos ( ver: http://tudensia.blogspot.com/2020/03/as-pestes-en-tui.html ou hai xa varios anos: ( ver: http://tudensia.blogspot.com/2009/01/peste-e-fame-en-tuipor-juan-miguel.html )

Estación sanitaria fronteiriza de Tui, 1918 - Foto: Gonzalo Gutierrez

Outros episodios deste combate periódico contras o cólera tiveron lugar entre os anos 1844 a 1849 en que existe unha epidemia que percorre toda Europa e chega tamén aos nosos territorios. Tamén hai constancia de mortes en Valença nos anos 1853 e 1854, ordenándose a creación dunha Comisión de Hixiene Pública en abril de 1854 que se reuniría diariamente para avaliar a situación e as medidas a adoptar.

O historiador valenciano Manuel Augusto Antunes Pinto Neves no seu libro “Valença da fundaçao á eurocidade” recolle os seguintes datos: No día 21 de abril de 1854, acordou a Comissao os seguintes pontos: 1. Que as mercadorias importadas do País vizinho para o Cais desta Vila serao embarcadas ata o meio do río e dali baldeadas, ou passadas, para outro barco, e nele transportadas, e somente neste caso lle será permitida a introduçao (...) em 28 de setembro, dado que voltara a ameaça desta epidemia, e por ordem da Direcçao-Geral de Saúde, foi instalado un lazareto no lugar do Cais, devido á grande afluencia de possiveis infectados. De registar que em 3 de outubro já existiam 73 quarentenarios. Na verdade, a 17 de outubro como consta nos arquivos da Administraçao do Concelho “foi tal a afluencia de passageiros de primeira classe hoje no Lazareto que nao havia acomodaçao possivel e razoável. De acordo como o Director forom vinte para o Hotel do Cais” (...) Na margem esquerda do río, próximo aos locais onde se verificava a passagem das barcas. Foram colocadas doze barracas de colmo para albergar os militares do Destacamento de Administraçao de Saúde Militar, formando o “cordao sanitário”, que se estendia desde S. Pedro da Torre ata Friestas, e tinha como obxectivo o controle dos barcos portugueses”.

No caso tudense Suso Vila comenta: En 1885 la epidemia de cólera que afecta a España también tendrá consecuencias en Tui y Valença. Este episodio epidémico sería coetáneo de la construcción del ferrocarril y el Puente Internacional sobre el Miño. Las medidas para evitar el contagio y la propagación de la enfermedad entre ambos países no sólo se quedarían en las habituales de cuarentena, la construcción del puente establecería medidas restrictivas como la separación de los trabajadores portugueses y españoles. Las medidas sanitarias en la frontera, con los recurrentes brotes epidémicos, provocaban un gran malestar no sólo a los viajeros, también al comercio de Tui y Valença. El exceso de celo en el cumplimiento del cordón sanitario y los abusos eran motivos habituales de tensión social entre las dos poblaciones, sobre todo cuando tales prácticas sanitarias se veían como ineficaces. Este motivo serviría de inspiración para burlarse de las condiciones y métodos empleados a través de comedias, como la que realizarían los oficiales del regimiento de Infantería nº 8 de Valença en 1857 al representar en el teatro la comedia en un acto “Cólera Morbus”. El escarnio del cordón sanitario dejaría en la memoria popular de Tui obras satíricas que alimentaban algunos momentos de tensión social a un lado y otro de la frontera.

Tamén no lado tudense foi construído un pavillón de desinfección para realizar no mesmo os tratamento profilácticos precisos de prevención dos viaxeiros que cruzaban o río Miño na barca de pasaxe e logo a ponte internacional. Un pavillón que chegou ata a segunda ou terceira décadas do pasado século.



Sempre o humor foi unha eficaz ferramenta fronte ao medo e a sociedade buscará desdramatizar estas situacións de perigo público. Así o 18 de xaneiro de 1885 se estea en Vigo no Teatro-Circo Tamberlick unha obriña de teatro, un apropósito titulado “El Lazareto de Valença” con letra de Hipólito León e música do tudense Prudencio Piñeiro, que voltou representarse de novo en Pontevedra o 2 de febreiro. A peza foi editada co seguinte título “El Lazareto de Valença. Apropósito cómico-lírico hispano-portugués” pola Tipografía de Lema e Hijos, na rúa do Príncipe 21 da cidade olívica. A función realizada en Vigo é con caracter benefico para recadar cartos para as familias dos trece naúfragos vigueses do barco “Victoria”.

Esta peziña teatral que podemos consultar online en Galiciana (http://biblioteca.galiciana.gal/es/consulta/registro.do?id=8134 ) ou tamén no blog tudense Ferruxadas onde figura transcrita polo noso amigo Javier Rodríguez Vázquez (https://ferruxo.blogspot.com/2016/06/el-lazareto-de-valenca.html ). É unha obra satírica sobre as medidas de control establecidas en Valença no lazareto instalado ao efecto para que os viaxeiros puidesen ser desintoxicados (“fumegados”) e pasasen a corentena establecida. A obra realizada en ton humorístico, case burlón, adoita todos os estereotipos sobre os portugueses (Aquí acabouse o mundo e comenza Portugal) na procura da risa fácil dos espectadores sen deixar de ser unha crítica ás medidas adoptadas e as incomodidades que elas implican. Pola súa banda similares personaxes por parte española: andaluza, asturianos... cos seus “dejes” e acentos para remarcar o aspecto cómico das escenas.

Os autores eran ben coñecidos no Vigo daquel tempo. Hipólito León foi redactor de Faro de Vigo desde os primeiros tempos deste xornal e secretario da Casa de Caridad de Vigo, faleceu en 1912. Prudencio Piñeiro foi un acreditado músico, compositor, profesor, etc.; residiu en Vigo ata 1910 e noutras localidades galegas e tamén en Portugal onde  acadou tamén recoñecemento; entre as súas obras destacan “Que ten o mozo” e “¡Como chove miudiño!”, con letra de Rosalía de Castro, faleceu en 1920 en Ferrol. Aínda que nalgunha publicación Prudencio Piñeiro é considerado tudense non atopei referencia algunha ao respecto e, dada a traxectoria do músico e compositor, estaría máis que acreditada a súa condición como tudense.

En setembro de 1931 esta peza é representada no Teatro Principal tudense, asi se recolle no xornal El Pueblo Gallego de 20 de setembro. Descoñecemos a razón da recuperar esta obra logo de case medio século. A función está organizada pola Agrupación Artística Tudense e na que tamén se representará outra peza, “Tocino del cielo” de Emilio Mario y Domingo Santoval.: “La bien timbrada voz de que están dotadas las bellas señoritas Consuelo Castillo y Conchita Costas que desempeñan en el “Lazareto de Valença” los papeles de Margarita y Sofía respectivamente, sería suficiente por si solo para asegurar el triunfo de la velada, y si unimos a esto que nuestro buen amigo el festivo Cesar Bouzas, es el encargado de encarnar el papel de Sargento Peixoto, por adelantado se puede dar por seguro un apoteósico triunfo”.



A representación tivo lugar no Teatro Principal o 24 de setembro cun gran éxito: En resumen, una gran jornada para la naciente agrupación deseando que el entusiasmo que ahora les domina no decaiga (...) Un aplauso para la orquesta compuesta en su mayor parte por jovencitos  de la localidad que dieron a la obra su realce correspondiente y dejaron oir en los entreactos bonitas piezas musicales.

Pero o éxito desta actuación foi a pegada que deixou na memoria colectiva tudense. Todos temos escoitado algunha vez na conversa familiar algunha mención a esta obriña de teatro ou o “bicho” e a canción con que comeza esta obra que foi transmitida en numerosos fogares ás novas xeracións.

Rosendo Bugarín no seu interesante libro sobre “La gripe de 1918 en Tui” documenta esta memoria local da obra “El Lazareto de Valença”: Dicha representación forma parte ya del subconsciente colectivo de los tudenses. Recuerdo la multitud de veces que mis tías abuelas, Pepita y Damiana, me contaron en acontecimiento. También recuerdo escuchar entonar la canción principal a mucha gente de Tui como por ejemplo Angelita y Daniel Alonso, a Elías Torres, a Pili Cendón... A su estreno invitaron a las autoridades de Valença do Minho y durante su puesta en escena se levantaron y abandonaron el teatro, lo que estuvo a punto de provocar un conflicto diplomático internacional. Lamentablemente, cuando quise informarme oralmente de este evento, mis esfuerzos fueron infructuosos. Todos los que participaron en él o habían fallecido o estabam muy mayores para recordarlo. Según parece Carlos Pérez “Melenas” formaba parte del coro de guardinhas y el papel de Sarxento Peixoto lo interpretaba César Bouzas. Con la última protagonista que hablé fue con Conchita, la viuda de Meis, pero no fue capaz de darme ninguna información relevante”, e publica sendas fotografías das protagonistas femininas Consuelo Castillo e Conchita Costas.

Reproducimos de seguido a letras desta canción, coa que se abre a representación, e que acadou tanta sona na nosa cidade que aínda hoxe é lembrada e cantada, sempre dende o afecto aos nosos irmáns valencianos. Aínda hai escasos meses nunha agradable xuntanza con Carlota e Darío Álvarez Basso cantaban esta canción que aprenderon de nenos nas festas familiares dos Álvarez Blázquez.

Sargento Peixoto:
Muito olho co microbio
que nao venha para cá,
façan fogo a quen procure
o cordao atravesar.
Soldados:
Ben está, ben está:
ca o bicho nao vendrá
Peixoto:
Cara o Minho ponhan todos,
fique feito xa o cordao
que si o bicho cá se mete
come a gente da naçao.
Soldados:
Ben está, ben está:
ca o bicho nao vendrá.
Cara o Minho, cara fera!
Um, dois, tres. (andando)
Nestes corpos há coragem
Portuguez!
E si ven o tal microbio
Catapum! (apuntando)
Faceremos todos fogo
Pan!, pin! pum! (disparando)


Postada: Feliz 25 de abril aos nosos lectores de Portugal!

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...