Continuamos coa serie de post que nos acompañen neste tempo
de confinamento, que se alonga sen data determinada de finalización, e que
testemuña, nunha nova oportunidade, a responsabilidade colectiva na que precisamos
todos amplas doses de afouteza. presentamos nesta xornada dúas pingas de humor
tudense, pois a nosa cidade conta tamén cunha tradición humorística e de retranca,
tanto nos ambientes urbanos como nas nosas parroquias.
No limiar de “En Tui llueve diferente” o escrito Xosé Luis Méndez Ferrín afirma: Pedro Díaz é un detallista e esto fai que compuxera un libro que convirte a Tui nunha cidade transmutada en literatura. Pero hoxe unicamente querería recollers das páxinas desta obra tan persoal e intima de Pedro Díaz unha “humorada”, que el di foi unha tradición oral que lle contaron. Diríamos con Giordano Bruno aquela afirmación de "se non è vero, è molto ben trovato”.
Presentamos nesta xornada unha pinga de humor tudense, pois a nosa cidade conta tamén cunha tradición humorística e de retranca, tanto nos ambientes urbanos como nas nosas parroquias. Unhas tradicións, tantas
veces orais e transmitidas no ámbito familiar, que estamos en risco de perder
irremediablemente, senón contribuímos a súa recuperación e difusión, garantindo
a conservación desta parte do noso patrimonio intanxible.
No ano 1986 o Concello de Tui editou un fermoso libro titulado
“En Tui llueve diferente” que recolle vivencias e experiencias, comentarios e lembranzas dun egrexio tudense, hoxe practicamente esquecido, Pedro Díaz Álvarez. Este
libro está ilustrado por outro tudense, excepcional debuxante, como foi Alfonso
Álvarez Pazo. Ambos merecen un recoñecemento na nosa cidade que ata agora non
tiveron.
Pedro Díaz, fillo dun carabineiro, nacera no ano 1917 e chegou de neno a Tui e ficou
para sempre ligado a esta “cidade das mil campás” como el gustaba dicir. Educado
en Tui e no Instituto de Segunda Enseñanza, axiña tivo de incorporar a filas
na Guerra Civil. Foi mestre en diversos lugares da provincia e, finalmente, na
cidade de Vigo. Foi un gran entusiasta da arqueoloxía e animador cultural, con
numerosas obras de investigación e divulgación. Para quen queira coñecer a súa
biografía e traxectoria no número 4 de “Castellum Tyde, revista do Instituto de
Estudos Tudenses” está publicado un fermoso traballo do historiador vigués Juan
Miguel González Fernández, titulado “Pedro Díaz. Mestre, arqueólogo, amigo”.
No limiar de “En Tui llueve diferente” o escrito Xosé Luis Méndez Ferrín afirma: Pedro Díaz é un detallista e esto fai que compuxera un libro que convirte a Tui nunha cidade transmutada en literatura. Pero hoxe unicamente querería recollers das páxinas desta obra tan persoal e intima de Pedro Díaz unha “humorada”, que el di foi unha tradición oral que lle contaron. Diríamos con Giordano Bruno aquela afirmación de "se non è vero, è molto ben trovato”.
Dejando toda pretensión erudita en mi, no justificada y
ya en humorístico campo folklórico de procaz raíz galaico-miñota, contaremos
para que no se pierda, la siguiente manera de ver con sonrisa, una explicación
que escuché de pillo monaguillo, lo que a su vez había oído a otros tudenses
edosos sobre el pórtico de nuestra Catedral
Se dice que una de las figuras discutidas del pórtico
(acaso la supuesta Dª Berenguela, que tuvo fama de desvergonzada), soltó fétida
ventosidad que llegó hasta el atrio. Cualquiera, a lo mejor un ángel o pastor,
exclamó: ¡Qué fedooor!. La supesta Berenguela, puso su mano en el pecho real y
sin venir a cuento aseguró que ella no había sido. El también supuesto Don
Fernando III, cruzó los dedos y dijo: -Xúrote por estas que eu tampoco fun!.
Moisés señala inequívocamente con su brazo y dedo hecho gesto acusador, dice: -
Foi éste, seguro!. El acusado que, como puede verse porta pergamino o cartela,
símbolo de profeta o evangelista, rechaza igualmente tan directa y grave acusación
y desenrosca el pergamino evangélico y en el aire se escucha su poderosa voz
gritando: -Tamén xuro por este papel santo que eu tampoco fun!...
Comentarios
Publicar un comentario