Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como rio Miño

O lanzo da cruz, unha tradición pascual, referencia da cultura miñota

A inmediata celebración da Semana Santa posue na nosa cidade e a súa comarca unha ampla tradición, moi arraigada, e que a ten recollida amplamente o cronista oficial de Tui, Ernesto Iglesias Almeida, no traballo dedicado á nosa cidade nos volumes recentemente editados pola editorial Hercules, na súa obra “A semana santa en Galicia”. Tamén en Tudensia no pasado ano, no mes de marzo, nos ocupamos dalgunhas das páxinas máis tradicionais da semana de pasión tudense (http://tudensia.blogspot.com/2009/03/tradicion-na-semana-santa-tudense.html). Agora recuperamos un pequeno artigo xornalístico dun egrexio escritor tudense –a quen temos recurrido noutras oportunidades – que nos descrebe diversas tradicións tudenses vencelladas a estas datas e que o autor rememora de xeito excelente. No seu escrito Emilio Álvarez Blázquez referencia unha tradición inmediata ás celebracións das Pascua e que ten por escenario a freguesia de Cristelo-Covo, na ribeira portuguesa, e a veciña parroquia ...

O bote anguleiro, unha testemuña do noso patrimonio

A chegada das chuvias e temporais impulsados en Tui polo vento de “cabra fanada”, que dicían os nosos maiores e que agora por mágoa case non se escoita, trouxo consigo tamén unha nova tempada da pesca do meixón, que é como chamamos por estas terras miñotas ás angulas. O temas das angulas está de actualidade pois ao parecer a partires de deste ano existirá unha prohibición da súa actual forma de captura, con redes de tea con dous anos de moratoria, de xeito que dende o ano 2011 só se poderá capturar con peneira e dende as ribeiras. Esta decisión decidida para a conservación desta especie coincide coa directivas da Unión Europea a prol da conservación de especies ameazadas nos nosos rios e, nomeadamente, das anguias e dos seus alevíns. Para aqueles interesados en coñecer as características científicas desta especie poden consultar o seguinte enlace con datos de moito interese http://weblogs.madrimasd.org/ciencia_marina/archive/2008/03/25/87356.aspx do profesor investigador Antoni...

Caldelas protagoniza a primeira peza de teatro en galego que se conserva

Estamos rematando o ano 2008, dedicado na nosa cidade á lembranza do insigne escritor e polígrafo Xosé María Álvarez Blázquez. A celebración deste ano posibilitou o descubrimento das múltiples facianas ou facetas abordadas polo noso escritor ao longo da sua traxectoria vital. Posiblemente unha das súas meirandes contribucións á cultura de Galicia teña sido o seu labor como editor, a través das editoriais Monterrey e posteriormente Castrelos. En ambos selos sacou do prelo numerosas obras literarias e de investigación de extraordinaria importancia para a nosa cultura contemporánea e polo rescate do esquecemento de textos clásicos Entre estas obras figura a edición da primeira peza de teatro escrita totalmente en lingua galega que se conserva e que ten como protagonistas ás xentes miñotas de Caldelas. Trátase do “Entremes famoso en que se contiene la contienda que tubieron los labradres de la feligresia de Caldelas con los portogueces sobre la pesca del rio Miño. Año de 167...”, ainda que...