No ano 2017 promovéuse a conmemoración do 880 aniversario da sinatura dun acordo ou pacto entre o futuro monarca portugués, Afonso Henriques, e o emperador Alfonso VII. Un pacto bautizado pola historiografía co nome da nosa cidade, o Pacto de Tui. Afonso VII, o emperador. Ás veces este acordo é presentado como un fito nas relacións entre o nacente reino de Portugal e o reino de León e Castela, unha relación moi esaxerada que non responde á realidade histórica. O Pacto de Tui non deixa de ser un acordo entre o futuro rei portugués, Afonso Henriques e o monarca castelán-leonés, Alfonso VII, o “emperador”. Non podemos afirmar que é “ un dos acontecementos históricos máis importantes do século XII ” [1] pois, como veremos, foi un dos diversos pactos ou acordos asinados entre ambos monarcas no contexto das continuas tensións territoriais e das disputas dinásticas que caracterizan a eses tempos de conformación das entidades territoriais no norte da Península. Para...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses