Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Tirso Lorenzo

Tirso Lorenzo, un tudense xornalista na Arxentina

Nas últimas décadas do século XIX e as primeiras do XX numerosos tudenses tiveron de emigrar lonxe destas terras miñotas; moitos deles tiñan como destino á República Arxentina. Carecemos aínda dun achegamento a este proceso migratorio que nos permita coñecer a magnitude deste movemento e as súas consecuencias. Sabemos que en 1917 foi fundada a “Casa de Tui” en Buenos Aires coa presidencia de José San Martín Fernández, e aos poucos anos, en 1922, a “Sociedad Caldelas de Tuy” (hoxe reunificadas, xunto a outras agrupacións, na “ Asociación Mutual, Cultural y Recreativa Tuy Salceda ” ) testemuñando a capacidade deste colectivo que ven de cumprir cen anos de traxectoria. Son numerosos os nomes de persoeiros de orixe tudense que realizaron, andando os anos, unha significativa aportación a aquela terra de adopción. Nomes como Manuel Prieto Marcos, Martín Spuch Martínez, Prudencio Areal Alonso, Manuel Pérez y Pérez ou Tirso de Lorenzo… merecen ser lembrados dende esta vella cidade tudens...