Impactado aínda pola luctuosa noticia da morte, neste xoves 22 de setembro, do pintor tudense Xosé Luis Méndez “Lis” dende as páxinas de “Tudensia” queremos rememorar a este singular artista, participante asiduo na vida tudense ao longo das últimas décadas, con estas liñas de lembranza garimosa. Xosé Luis Méndez Rodríguez, tiña nacido en Tui en 1958 e dende novo amosou a súa habelencia con lapis e logo cos pinceis. Xa con 17 anos participa na I Mostra de Arte Popular no Baixo Miño en A Guarda e no ano 1980 realiza a súa primeira exposición individual na Casa da Xuventude tudense. Dende aquel numerosas exposicións colectivas e individuais enchen a traxectoria artística de “Lis”, que no ano 2008 expón na Casa de Galicia en Madrid e finalmente en xuño do pasado ano 2010 na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, na que sería a súa derradeira exposición individual, “A cor da música”. Estas dúas últimas mostras en compañía do escultor Raimundo Martínez “Rai”. Na obra de “...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses