Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Juan Alberto Oliveira Pereira

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

La "miss" galleguista y las galletas de Tui

No día de onte, domingo 9 de xaneiro, o suplemento “Mercados” de La Voz de Galicia publicaba na súa sección “Historias de Galicia” un moi interesante traballo do xornalista e economista Fernando Salgado sobre a fábrica de galletas tudense “La Peninsular”, propiedade da familia Oliveira, e que tan íntimamente está vencellada á historia da nosa cidade. Sen embargo, como en tantos outros casos, carecemos dalgun estudo que nos achegue ao coñemento da historia e avatares desta fábrica tudense e que organice dalgun xeito as lembranzas que moitos dos nosos veciños conservan desta importante industria tudense. Un dos escasos exemplos da industrialización na nosa cidade. Outro tanto podemos dicir da familia Oliveira e especialmente de Juan Alberto Oliveira Pereira, que conforma un dos máis amplos capítulos do pasado século na nosa cidade: empresario, presidente da Cámara de Comercio, xornalista, consul de Portugal, animador de numerosas sociedades e inicitivas de todo tipo... Axolá que este p...