Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Arqueoloxía

Os achados arqueolóxicos na Praza do Pracer: excepcional oportunidade para afondar no coñecemento do noso patrimonio e da nosa historia

O Concello de Tui promove actualmente unhas intervencións nalgunhas das prazas do noso conxunto histórico que implican loxicamente un control arqueolóxico previo á realización das obras previstas ao intervir en lugares tan sensibles patrimonialmente. A actuación arqueolóxica na Praza do Pracer tudense, na cerna do seu conxunto histórico, correu a cargo da arqueóloga Soledad Prieto Robles   xunto a Juan José Perles Fontao acreditados profesionais cunha longa experiencia na investigación arqueolóxica na nosa cidade. Como xa recolleron os medios de comunicación nas catas efectuadas nesta Praza do Pracer foron recuperados interesantes restos arqueolóxicos de época romana que suscitan un enorme interese pola súa envergadura e singularidade. Nas fotos que achegamos figuran as diversas estruturas atopadas, salientando especialmente o pozo e o conxunto de escaleiras apegadas a un muro de boa traza e envergadura, xunto a un abondoso número de restos cerámicos (tegula, terra sigilata, ...

“Antigüedades de Tuy” de Joaquín Fernández de la Granja: actualidade dun artigo de 1888

A nosa cidade posúe unha dilatada historia pero curiosamente é unha cidade escasa en vestixios arqueolóxicos senlleiros que documenten con amplitude a traxectoria desta poboación. No territorio que, nun sentido amplo, ocupa o núcleo urbano tudense ao longo dos anos unicamente se teñen producido escavacións arqueolóxicas por mor de achados casuais ou como paso previo á realización de calquera tipo de intervención ou obra. Desta forma existe un amplo bagaxe de pequenas actuacións, pero carecemos dunha auténtica investigación arqueolóxica que documente a historia da nosa cidade. Inscrición en granito procedente de Santa Eufemia - Museo de Pontevedra Unha escaseza que é especialmente notable no que atinxe ao período romano, no que Tui foi un dos principais núcleos de carácter urbano do Noroeste peninsular pero do que so podemos apuntar hipóteses de traballo sobre a súa configuración e estrutura. ¿Que relación existía entre o “Castellun Tyde” do que falan as fontes escritas e a “Mansio” d...

As escavacións arqueolóxicas de 1970 en San Bartolomeu de Rebordáns

A igrexa parroquial de San Bartolomeu de Rebordáns é un monumento realmente singular pola súa arquitectura e a súa antigüidade, unha auténtica alfaia. Pero xunto aos valores artísticos e históricos non é tan amplamente coñecida a súa dimensión arqueolóxica que posúe un grandísimo interese. No ano 1970 comezou un proceso –que demorou varios anos- de restauración deste templo. Como paso previo a esta intervención foi realizado na segunda metade do ano 1970 un proceso de escavación arqueolóxica dirixido por Manuel Chamoso Lama, responsable daquela dos temas de patrimonio en Galicia, coa colaboración de Xosé Filgueira Valverde, director do Museo de Pontevedra. Froito daquela campaña foi o descubrimento da necrópole sobre a que se asenta esta igrexa de San Bartolomeu, e que hoxe podemos contemplar baixo o chan do templo parroquial, e de diversas estructuras arquitectónicas no adro que foron tras o seu estudo de novo soterradas para garantir a sú a conservación.   Sobre esta...