A igrexa parroquial de San Bartolomeu de Rebordáns é un monumento
realmente singular pola súa arquitectura e a súa antigüidade, unha auténtica
alfaia. Pero xunto aos valores artísticos e históricos non é tan amplamente
coñecida a súa dimensión arqueolóxica que posúe un grandísimo interese.
No ano 1970 comezou un proceso –que demorou varios anos- de restauración
deste templo. Como paso previo a esta intervención foi realizado na segunda metade
do ano 1970 un proceso de escavación arqueolóxica dirixido por Manuel Chamoso
Lama, responsable daquela dos temas de patrimonio en Galicia, coa colaboración
de Xosé Filgueira Valverde, director do Museo de Pontevedra. Froito daquela
campaña foi o descubrimento da necrópole sobre a que se asenta esta igrexa de
San Bartolomeu, e que hoxe podemos contemplar baixo o chan do templo parroquial,
e de diversas estructuras arquitectónicas no adro que foron tras o seu estudo
de novo soterradas para garantir a súa conservación.
Sobre esta campaña de escavacións publicaron os seus responsables un
pequeno traballo en “Noticiario Arqueológico Hispano” do ano 1976. Do seu contido
imos extractar varios parágrafos e o plano desta intervención para achegarnos
ao coñecemento do que hoxe conservamos, e podemos contemplar, no subsolo da Igrexa
de San Bartolomeu.
Los trabajos realizados que fueron comenzados ya en
los primeros meses del verano de 1970 no defraudaron (...) Da descrición dos traballos que realizan neste
traballiño podemos apuntar a existencia de varios niveis arqueolóxicos ou momentos
de ocupación deste terreo.
Inicialmente, después de levantar un primer nivel de tierras
partiendo del asiento del pavimento, dejó al descubierto los basamentos del
primitivo templo prerrománico, en los cuales aparecen empleados abundantes
elementos romanos, sillares y ladrillos. Un segundo nivel ou estrato dejó
a la vista una primitiva organización constructiva formada por largos muros que
acusan la existencia de crujias, las cuales enlazan, según permiten apreciar
claras responsiones, con los basamentos de espaciados pilares. Cabe suponer que
estos vestigios constructivos corresponden a la existencia de un claustro o de
un amplio peristilo romano, que podemos interpretar coma unha estructura
doméstica. Recentemente o arqueólogo Fermín Pérez Losada concretiza estes
achados como de tipo mais netamente urbán concretamente un pórtico ou
soportal pilastrado disposto sobre unha rúa. Os paralelos son múltiples no
ámbito urbano galaico-romano
Continuando co relato de Chamoso e Filgueira: Ligando con el nivel
así obtenido, se descubrió una necrópolis formada por grandes tumbas
construidas con enormes piezas de granito procedentes de edificaciones romanas,
y, entre estas, y como cabecera de una de las sepulturas, una bien tallada
pila. Otras tumbas son de grandes ladrillos romanos, otras están construidas
con finas y largas placas de caliza, cuidadosamente recortadas, lo que hace
suponer se trata de piezas utilizadas como revestimiento de jambas. Los fondos
de las tumbas son siempre de grandes ladrillos romanos y una de ellas cierra en
los pies con una tégula. En el mismo nivel se halló un gran sarcófago de
granito cuya tapa luce, aunque bastante gastada, la decoración de “stola”(...)
Una de las tumbas hallada en la zona de la nave central tenia en cabecera una
estela de granito que presentaba en su frente grabada una figura femenina,
estela que puede calificarse como de época tardo-romana.
Podemos, como conclusión, establecer a existencia de varios niveis de
ocupación. O máis antigo correspondería coas estructuras domesticas ou
habitacionais de época romana, posiblemente un edificio porticado sobre unha
rúa. A un momento posterior corresponde a necrópole que abrangue dende o
tardorromano ata época altomedieval, como evidencian os restos atopados e as
propias estructuras sepulcrais. Como sinala Pérez Losada a necrópole
obviamente é intrusiva no nivel romano anterior pero respecta as estructuras
murais e adáptase á súa orientación (ONO-ESE) implicando en consecuencia que as
ruínas romanas aínda eran obvias e visibles nos inicios da utilización do lugar
como cemiterio A súa cronoloxía estaría en época imperial ou baxorromana.
Finalmente en época altomedieval, nese período que adoitamos chamar xermánico
que corresponde coa dominación sueva e visigótica do século V aos inicios do
VIII, se erguen os alicerces dun templo prerrománico, precedente do que
actualmente conservamos.
Completáronse os traballos arqueolóxicos cunha sondaxe no adro do
templo: Una amplia cata abierta en el atrio a partir de dos metros de la
puerta principal del templo, dejó al descubierto una extraordinaria edificación
con muros de espesor de 1,20 metros. Se trata de una organización constructiva
absidial, desarrollada en semicirculo, pero mostrando unos extraños
contrafuertes, a la vez que, al finalizar el desarrollo semicircular, se recoge
la construcción como si se estrechase la nave que debe seguir a tan poderosa
edificación. Os nosos autores identifican estes restos como vestixios do
antigo mosteiro de época medieval existente neste lugar.
Sirvan esta pequenas notas tomadas dos autores citados para promover o
coñecemento e comprensión dos restos arqueolóxicos do templo de San Bartolomeu
que como sinalan Chamoso e Filgeira: La importancia de lo aqui hallado
solamente puede ser comparado hasta el presente a lo descubierto en las
excavaciones efectuadas en la Catedral de Santiago de Compostela.
Bibliografia:
Chamoso Lamas, Manuel e Filgueira Valverde, José:
“Excavaciones arqueológicas en la iglesia y atrio de San Bartolome de
Rebordanes de Tuy (Pontevedra)” en Noticiario Arqueológico Hispano, nº
4, 1976, pp.323-333.
Pérez Losada, Fermín: “Entre a cidade e a aldea:
estudio arqueohistórico dos aglomerados secundarios romanos en Galicia” en Brigantium,
vol. 13, A Coruña, pp. 61-87.
Fotografías do arquivo gráfico da Real Academia de
Bellas Artes “Nuestra Señora del Rosario” de A Coruña.
Estimado Tudensia,
ResponderEliminarRemitimos esta nota en relación al tema de las excavaciones en Iglesia de San Bartolomé.
Tras haber compartido TRP el articulo de su blog en Facebook, D. Alberto Estévez Piña hizo un comentario en el que aporta una información, indicando que las excavaciones fueron anteriores a la fecha indicada en su artículo de Tudensia.
Nos gustaría conocer sus impresiones sobre dicho comentario/artículo de D. Alberto Estévez Piña, con el único propósito de aclarar la historia.
Muchas gracias y un saludo cordial,
TRP