Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2021

Rafael García Sánchez, orixinal ilustrador tudense

O rico patrimonio que atesoura a nosa cidade non está cinguido unicamente aos elementos construídos que identifican a Tui, cómpre incluír neste concepto patrimonial, consubstancial á propia identidade tudense, outros aspectos, ás veces, considerados menores pero que son pezas necesarias na construción da nosa singularidade e na súa identificación por nós mesmos. Non somos os tudenses moi dados a valorar con xustiza os nomes propios que, ao longo do tempo, teñen enriquecido a nosa vida colectiva coas súas achegas ou traxectorias. Recuperar estes nomes é un xeito de revitalizar o pulso dunha colectividade e reivindicar a aportación tudense á cultura e historia de Galicia. Este pretensioso exordio serve para presentar neste post a un pequeno grupo de tudenses, integrantes dunha xeración que podemos situar, non sentido amplo, nas décadas entre o século XIX e o século XX e que conforman unha xeración de ilustradores de moi alto nivel artístico e que actualmente resultan case descoñecido

Presentación do libro "Breve historia de Tui"

O pasado martes, 15 de xuño, celebramos na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, a presentación do libro “Breve Historia de Tui”. Este acto contou coa participación de Cristóbal Ramírez, xornalista especialista en turismo e no Camiño de Santiago, José Ramón Fernández e Isilda Salvador, do Instituto de Estudios Tudenses e vinculados profesionalmente á Catedral de Tui e ao Núcleo Museolóxico de Valença respectivamente, e polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto co autor. A obra, editada por Ediciones Accidentales e impresa por Gráfica Juvia de Tui, realiza unha visión panorámica do devir histórico da cidade de Tui, procurando unha linguaxe accesible a todos os públicos, co obxectivo de difundir a inmensa riqueza histórica que atesoura esta cidade. Existe unha ampla bibliografía, se subliña na introdución do libro , que estuda aspectos diversos da historia, da arte, das tradicións, do patrimonio tudense, pero moi escasas obras que fagan un achegamento xeral á súa histo

Tui, "la bella durmiente", por Alfredo Vicenti

Temos recollido en Tudensia diversos textos, dun amplo abano de autores, dedicados á nosa cidade. Estes textos recollen a súa visión de Tui, a súa experiencia da estadía na nosa localidade, a súas vivencias percorrendo as rúas tudenses... e nos ofrecen unha instantánea, sempre interesante, de Tui ao longo do tempo e, especialmente, a súa ollada sobre a nosa cidade, ás veces crítica, ás veces impresionada, ás veces indiferente... pero sempre enriquecedora para os tudenses e os interesados polo devir desta vella cidade. Alfredo Vicenti, caricatura de Castelao Hoxe achegamos un texto de Alfredo Vicenti publicado no ano 1908 co titulo de “La provincia de Pontevedra”. Trátase dun conxunto de artigos que recollen a súa experiencia das viaxes e das lecturas realizadas sobre este territorio e que foi publicado como un folletín na “Biblioteca de la La Temporada de Mondariz”, unha revista gráfica que editaba para os seus usuarios o Balneario de Mondariz impulsado por Enrique Peinador. A fi