Coñecedor da noticia da visita mañá mércores de S.M. El Rei D. Filipe VI á nosa cidade, concretamente á Comandancia Naval do Miño, inmediatamente xorde o interese por coñecer as anteriores visitas de monarcas á nosa cidade. Hai mais de cinco séculos que non visita Tui ningún monarca en exercicio. A última visita foi do rei portugués Manuel I no ano 1502 na súa peregrinación a Compostela. Con brevidade faremos unha enumeración sinxelas destas visitas rexias á nosa cidade que non pretende ser exhaustiva, pois varios dos seguidores deste blog nos reclaman este post e non houbo tempo de consultar a documentación e bibliografía necesaria. Sirvan estas notas como un apunte abondoso. Como sempre o extraordinario traballo de Francisco Ávila y La Cueva, “Historia civil y eclesiásticas de la ciudad de Tuy y su obispado”, é a fonte básica de información para enumerar estas visitas rexias á nosa cidade, que trataremos de presentar cronoloxicamente. Carecemos de noticias sobre a presenza d...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses