Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Darío Álvarez Blázquez

Apuntes para unha biografía de Darío Álvarez Blázquez

O pasado martes 26 de outubro o Concello de Tui rendéulle unha homenaxe a doutor Darío Álvarez Blázquez ao cumprirense o centenario do seu nacemento o 30 de setembro. Con este motivo descubriuse unha placa conmemorativa na que foi a súa residencia na rúa San Telmo (daquela número dous... hoxe número cinco por azares administrativos...). No suplemento “Baixo Miño / Louriña” do "Faro de Vigo" do pasado sábado 30 de outubro publiquei est pequena biografia do egrexio tudense, que agora reproducimos un chisco ampliada en Tudensia. Apuntes para unha biografía de Darío Álvarez Blázquez A presenza da familia Álvarez na vella cidade tudense percorre boa parte do século XX. A súa pegada, de xeito directo ou indirecto, está presente en numerosos acontecementos da vida social (no seu máis amplo sentido) de Tui ao longo de moitas décadas. Primeiro coa chegada a Tui do médico Darío Álvarez Limeses, exercendo o seu labor asistencial ao longo de tres décadas, paralelamente ao seu...