Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de junio, 2026

A Ofrenda do Antigo Reino de Galicia e o seu alto valor simbólico e identitario

Este pasado domingo 14 de xuño tivo lugar na Catedral de Lugo a cerimonia más antiga que se conserva en Galicia, a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado exposto permanentemente naquela catedral basílica lucense. Neste ano correspondeulle oficiar como delegado rexio neste cerimonial secular ao Alcalde tudense en representación do Concello de Tui. Nesta ofrenda participan os representantes das sete cidades capitais das provincias do Reino de Galicia durante época moderna: A Coruña, Betanzos, Mondoñedo, Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e Tui. Este municipios conformaron dende o século XVI aos inicios do século XIX a Xunta do Reino de Galicia, o precedente da actual institución autonómica que goberna a nosa terra. A cidade de Tui foi capital dunha das provincias en que estaba dividido o Reino de Galicia entre os séculos XVI e XIX e consecuentemente participaba, por dereito propio, na Xunta do Reino de Galicia que tiña encomendadas diversas funcións de goberno así...