Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

Dous poemas sobre Tui para celebrar o Día da poesía

No ano 1999 a Unesco proclamou o 21 de marzo como “Día Mundial da Poesía”, dende aquela nesta data agroma, como na primavera que tamén hoxe comezamos, numerosas iniciativas que tratan de valorizar e visibilizar a arte poética, que é unha ferramenta para a comunicación, a transmisión de valores e afirmar a identidade propia e colectiva. Naquela declaración a Unesco proclamaba La poesía es una manifestación de la diversidad en el diálogo, de la libre circulación de las ideas por medio de la palabra, de la creativ Xosé idad y de la innovación. La poesía contribuye a la diversidad creativa al cuestionar de manera siempre renovada la forma en que usamos las palabras y las cosas, y nuestros modos de percibir e interpretar la realidad. Merced a sus asociaciones y metáforas y a su gramática singular, el lenguaje poético constituye, pues, otra faceta posible del diálogo entre las culturas (…). El principal objetivo de esta acción es apoyar la diversidad lingüística a través de la expresión

Breve historia da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Tui (I)

A historia da Cámara de Comercio de Tui reflicte de xeito sobranceiro o decorrer do século XX na vella cidade de Tui, a lenta adaptación que houbo de realizar aquela antiga capital da provincia e sede episcopal aos novos requirimentos da vida social e económica que a modernidade impulsou no noso país.  Cando xorde a Cámara de Comercio tudense, en 1899, a vida social e económica de Tui artéllase en base a tres eixos: o bispo e a diocese, a fronteira e a burocracia. O primeiro grupo, aínda que cun poder económico minguado, conserva unha alta capacidade de influencia social e ideolóxica. A fronteira posibilitaba a existencia dunha pequena burguesía comercial, base económica da cidade. Por último, o grupo de avogados, procuradores, funcionarios e militares que conforman a burocracia local. A escasa industria porén estaba vencellada ás industrias do sector primario (serradoiros, cerámicas), alimentario ou eléctrico, que en moitas ocasións estaba controlada por cataláns, valencian