Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Xosé María Álvarez Blázquez

Foi o bispo Fernando Arias trovador?

No ano 2008, co gallo da dedicación do Día das Letras Galegas, ao egrexio tudense Xosé María Álvarez Blázquez, o concello de Tui editou un libro titulado “Xosé María Álvarez Blázquez e Tui, da vella casa ao corazón aberto” no que xunto a unha semblanza dos seus intensos vínculos con Tui, á quen lle ten dedicado moitas páxinas de estudos e investigación, recollía unha serie de traballos e artigos inéditos ou escasamente coñecidos referidos á nosa cidade. Recuperamos hoxe un destes traballos que atopamos manuscrito nas   múltiples carpetas que no arquivo persoal que a familia Álvarez Cáccamo nos facilitou naquela altura. Un texto que redactado no ano 1949 permaneceu inédito ata 2008 e que agora recuperamos polo seu interese. Lembrar que Xosé María Álvarez Blázquez foi un dos grandes especialistas na lírica galaico-portuguesa con obras aínda hoxe referenciais nesta materia. Unido a este coñecemento está a súa vocación literaria que o levou a componer unha obra “O Cancioneiro ...

Manuel Fernández-Valdés Costas, cronista oficial de Tui

Manuel Fernández Costas (Tui, 1887-1962) reclama una biografía que nos achegue a súa importancia e significación. Trátase dun dos principais investigadores da historia tudense e tamén, curiosamente, dos mais esquecidos na actualidade. Neste blog temos recollido en diversas oportunidades referencias á súa actividade e, incluso, algún dos seus artigos xornalísticos. No volume III da revista “ Tuy. Museo y Archivo Histórico Diocesano ” (1980) o seu fillo Eloy publica un moi breve apunte biográfico do seu pai xunto a unha moi interesante achega das súas publicacións, especialmente en xornais e revistas, pois en formato libro unicamente saíron dos prelo dúas obras da súa autoría. Unha de carácter profesional (foi funcionario do Corpo Pericial de Aduanas) titulada “ Arbitrios, impuestos y recargos que liquidan las aduanas en la importación y exportación de mercancias ” (Madrid, Editorial Plutarco, 1948) e outra sobre historia tudense e que recolle e amplía unha serie de artigos publi...

Unha lembranza serodia e solitaria no centenario de Xosé María Álvarez Blázquez

Un catro de febreiro de 1915, fixo onte cen anos, no Paseo da Corredeira tudense, daquela chamada rúa Elduayen, naceu un rapaziño que recibirá os nomes de José María Amalio Gerardo Ignacio Álvarez Blázquez. Na casa familiar da rúa El Pilar, no arrabalde do Rollo –a que se trasladou ao pouco tempo a familia do médico Dario Álvarez Limeses e a súa dona María Blázquez Ballester-, transcurríria a nenez de Xosé María e os seus cinco irmás (varóns todos Darío, Emilio, Alfonso, Celso e Álvaro). Naquela casa e naquela horta, ampla e con numerosos recunchos,  situada xa nos límites urbanos da cidade tudense, nun enclave privilexiado para vivir conxuntamente o mundo da sociedade burguesa tudense, nunha época de decadencia, e o mundo labrego e popular, das tarefas do campo, dos oficios tradicionais… será onde Xose María e os seus irmáns descubran paseniñamente os recodos da vida, personal e colectiva. Como lembrará co tempo o seu irmá Emilio “toda a curiosidade non lle cabia no peit...

“Os pícaros de Tui” unha pequeña reflexión sobre a devoción santelminana

Antoni Guerra le jeune (1666-1711) Saint Elme, 1701 Perpignan, Musée Hyacinthe Rigaud  (en depósito nos Archives Municipales) - Foto : Michel Castillo  en www.portugaldominicano.blogspot.com.es Achegámonos no calendario ás festas patronais de Tui, na honra de San Pedro González Telmo, que nos albores da primavera rexurde dende a tradición e a devoción. Resulta certamente fermoso e case sorprendente que esta celebración se conserve logo de oito séculos. A lembranza de San Telmo sorteou nas diversas etapas históricas os cambios sociais e de mentalidade con inusitada solidez. Na actualidade estamos tamén en procesos de mudanza en innumerables ámbitos da vida pública e social e cómpre preguntarnos como a devoción santelmiana pode garantir a súa continuidade no tempo, afondando na súa identificacións coas xentes de Tui ás que prometeu a súa protección… Os valores que encarna a figura do frade dominicano que fenece en Tui superan as barre...

O Castro do Alto dos Cubos

Este enclave xeográfico,  na parroquia de Pazos de Reis,  nas abas do Monte Aloia e integrado hoxe na superficie do seu Parque Natural, é un espolón avanzado no macizo montañoso do Aloia, unido por unha lingua de terra estreita que xunto ás abruptas pendentes converten a este lugar nun espazo de grande interese estratéxico. O propio topónimo “Cabeza” ou “Alto” fai referencia directa a este carácter do lugar, dende onde contemplamos unha impresionante panorámica do val do Miño. Neste espazo coñecido como “Cabeza de Francos” ou “Alto dos Cubos” temos documentados diversos momentos históricos vencellados á historia da terra tudense e que o dotan dun valor engadido constituíndo un intenso testemuño histórico para Tui e as súas xentes. Centrarémonos hoxe no ámbito da prehistoria, ao coñecer o anuncio de que este xacemento castreño está incluído nun programa que promove a Deputación Provincial de Pontevedra para a posta en valor de diversas enclaves da cultura galaico-ro...

Dous poemas "inéditos" de Xosé María Álvarez Blázquez

Revisando antigos programas das festas de San Telmo, ollando o correspondente ao ano 1934, cando foron trasladadas aos inicios do verán –coincidindo coas festas de San Xoán- , no xeitoso programa editado descubrimos, con sorpresa, senllos poemas de Xosé María Álvarez Blázquez: “Cohetes” e “Yo quiero”. A figura de don Xosé María que abrangue múltiples aspectos no ámbito cultural (“poeta, narrador, dramaturgo, conferenciante, editor, arqueólogo, investigador da literatura, e a historia e a etnografía” enumera o seu fillo Xosé María, “infinito curioso e infinito amador de todos os saberes” subliña Darío Xohán Cabana) tamén, na expresión poética, acada un relevancia indiscutida. Conservase o que se ten como o seu primeiro poema, “Queixas”, datado en Tui o 24 de decembro de 1927, cando Xosé María contaba con só doce anos de idade. Como ben anota o xa citado D. X. Cabana este poema “non pode ser o seu primeiro intento, porque os seus hendecasílabos son absolutamente correctos”. Tamén...