O pasado martes, 15 de xuño, celebramos na Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, a presentación do libro “Breve Historia de Tui”. Este acto contou coa participación de Cristóbal Ramírez, xornalista especialista en turismo e no Camiño de Santiago, José Ramón Fernández e Isilda Salvador, do Instituto de Estudios Tudenses e vinculados profesionalmente á Catedral de Tui e ao Núcleo Museolóxico de Valença respectivamente, e polo alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto co autor. A obra, editada por Ediciones Accidentales e impresa por Gráfica Juvia de Tui, realiza unha visión panorámica do devir histórico da cidade de Tui, procurando unha linguaxe accesible a todos os públicos, co obxectivo de difundir a inmensa riqueza histórica que atesoura esta cidade. Existe unha ampla bibliografía, se subliña na introdución do libro , que estuda aspectos diversos da historia, da arte, das tradicións, do patrimonio tudense, pero moi escasas obras que fagan un achegamento xeral á súa histo...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses