Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2013

Por unha alternativa ao polígono industrial no Camiño de Santiago

Na rúa coengo Valiño - Tui Hai algunhas datas se publicaban os datos correspondentes ao pasado ano da presenza de peregrinos polo camiño portugués que acadaban a significativa cifra de 25.628 peregrinos que percorreron esta vía portuguesa, marcando un novo máximo, moi superior ao último ano santo por poñer un exemplo. Deste xeito o camiño portugués se consolida como o segundo itinerario de peregrinación, logo do camiño francés. Amais a cidade de Tui se confirma, nun ano mais, como o primeiro lugar de partida de peregrinos fóra do camiño procedente de Francia, con  8436 peregrinos que escolleron a cidade tudense para comezar a súa andaina cara ao sartego do apóstolo Santiago. Estes datos permiten extraer varias conclusións e unha consideración. Como conclusión, ante todo, a pervivencia, aínda que mellor diriamos a progresión, da peregrinación como un fenómeno, en principio, cun carácter relixioso ou espiritual indisociable, pero cunha dimensión cultural e turística prim

As Candelas e San Brais

De cando en vez recollemos neste blogue referencias as tradicións festivas da nosa localidade e a súa contorna que testemuñan a pervivencia dun calendario festivo secular e que expresan elementos substancias da identidade colectiva. Na actualidade transformadas, ou mesmo esquecidas en boa medida, a lembranza destes vellos costumes contribuirá a pervivencia e valorización deste legado propio do noso patrimonio inmaterial ou intanxible, o que máis risco corre de perderse. AS CANDELAS Fotografía  tomada do libro de Suso Vila"Antiguas fiestas,  romerías  y procesiones en el Bajo Miño". Foto Vila, 1959. "El día 2 de febrero, escribe Manuel Fernández Valdés no ano 1961, celebra la Iglesia la Purificación de Nuestra Señora. Es la fiesta de las Candelas o de la Candelaria. El vasto templo  de Santo Domingo sirve de escenario a este culto muy arraigado en Tui. Se celebra la Misa de las Candelas, con asistencia de todas las autoridades, porque la Candela