Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2020

"Sobredo" un poema de Alfredo Guisado

A historia contemporánea da cidade de Tui e a súa contorna segue aínda escasamente coñecida pola veciñanza tudense. Un dos episodios máis notables, nas primeiras décadas do século XX, foi a importante mobilización dos labregos de Galicia reclamando o fin do sistema foral, polo cal estaban obrigados a inmensa maioría dos nosos campesiños ao pago dunha renda anual polo dominio útil da terra aos titulares da mesma; dende os procesos desamortizadores os eclesiásticos foron substituídos polos rendistas, fidalgos e burgueses que compraran estes títulos forais. Unha mobilización que tivo un dos seus fitos o 28 de novembro de 1922 cando no decurso dunha manifestación contra un embargo polo impago de rendas forais, tres persoas resultaron mortas polos disparos da Garda Civil en Sobredo - Guillarei. Monumento aos mártires de Sobredo, 1932 Xa en Tudensia nos temos ocupado hai algún tempo desta temática; nos remitimos a aquel post aos interesados en afondar ao respecto: http://tudensia.blogspot.

Tuyd, a visita de Ambrosio de Morales en 1572

  Temos recollido en diversas oportunidades en Tudensia textos antigos sobre Tui que nos permiten acceder a unha visión diacrónica da nosa cidade dende a ollada e intereses dun visitantes doutros tempos e nos ilustran sobre a evolución histórica desta localidade. Presentamos hoxe as páxinas escritas en torno a 1572 por un historiador e cronista de grande prestixio naquel momento, Ambrosio de Morales, que visita, como veremos, o Noroeste da Península entre xuño de 1572 e febreiro de 1573 e nos deixa varias páxinas de interese sobre a Tuyd, que é como escribe o nome da nosa cidade. Natural de Córdoba, onde nace en 1513. Estuda na Universidade de Alcalá e na de Salamanca, onde é Reitor o seu tío, o humanista Fernán Pérez de la Oliva. Aos vinte anos profesa como xerónimo, e exaltado de fervor chega a castrarse para extinguir toda tentación. Tivo que saír da Orde de San Xerome por tal suceso pero consegue, tras unha viaxe a Roma, continuar a súa vida con hábito secular. Completa a súa f