Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Doroteas

Relembrando a visión de Sor Lucía en Tui no seu XCVI aniversario

Hai hoxe noventa e seis anos, o 13 de xuño de 1929, tivo lugar na capela das Irmás Doroteas de Tui un singular acontecemento: a visión da Santísima Trindade por Sor Lucia, a vidente de Fátima que por aqueles anos residía no convento tudense. A devoción a Nosa Señora de Fátima e as súas revelacións ou visións, en 1917, aos tres pastoriños de Aljustrel: Francisco e Jacinta Martos e a súa curmá Lucía de Jesús Rosa dos Santos, que contaba daquela con dez anos de idade, son actualmente un fenómeno universal cunha ampla popularidade. Xa en “Tudensia” nos temos ocupado nun post do ano 2020 sobre a relación de Tui con esta devoción e nomeadamente coa figura de Sor Lucia: https://tudensia.blogspot.com/2020/05/sor-lucia-e-tui.html no que recolliamos o seguinte: Tras comunicar ás autoridades eclesiásticas as visións e no decurso do proceso de verificación das mesmas, Lucía (que nacera en 1907) con apenas catorce anos é levada, polos responsables da diocese Leiria, ao Instituto Van Séller (...

Sor Lucía e Tui: unha relación escondida?

Actualmente unha das advocacións marianas máis estendida, non xa na Península Ibérica senón polo mundo enteiro, é Nosa Señora de Fátima. Hai escasos días resultaba arrepiante comprobar como as celebracións litúrxicas do 13 de maio no santuario portugués estaban sen peregrinos por vez primeira en case un século. No pasado ano 2019 foron un total de 6,3 millóns de peregrinos, maioritariamente non portugueses, os que visitaron o santuario atraídos pola devoción á Nosa Señora e pola espiritualidade que se vive naquel lugar. Neste lugar do interior de Portugal, en Cova de Iría, tres pequenos pastoriños, de Aljustrel, tiveron no ano 1917 ata sete visións de Nosa Señora a Virxe María: Francisco e Jacinta Martos e a súa curmá Lucía de Jesús Rosa dos Santos, que contaba daquela con dez anos de idade. A historia das revelacións marianas de Fátima, as mensaxes que a Virxe comunicou aos meniños nas súas visións, todos os procesos canónicos de verificación e a posterior difusión desta devoción ...