A chegada anual das festividades litúrxicas da Semana Santa son unha excelente oportunidade para afondar nas diversas tradición locais relacionadas con estas datas, pois posúen unha alongada historia e conservan un patrimonio cultural, material e inmaterial, digno de coñecemento e valorización. Ao longo do tempo as confrarías e irmandades promoveron, entre outros moitos aspectos, ás celebracións, especialmente ás procesión da semana maior do cristianismo, e foron un instrumento de axuda e cohesión social que segue manténdose como un os aspectos da identidade colectiva de moitos pobos e cidades. Debuxo da Semana Santa de Tui de Gonzalo Álvarez Besada Animados, de seguro, por este encomiable espírito se celebran na vila de Baiona diversas actividades conmemorativas do 450 aniversario da fundación da Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia, creada o 5 de abril de 1574. Os titulares da prensa local nestas ultimas xornadas repiten que trátase da confraría decana de Galicia (Faro de...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses