Ir al contenido principal

Confrarías e rigor histórico

A chegada anual das festividades litúrxicas da Semana Santa son unha excelente oportunidade para afondar nas diversas tradición locais relacionadas con estas datas, pois posúen unha alongada historia e conservan un patrimonio cultural, material e inmaterial, digno de coñecemento e valorización. Ao longo do tempo as confrarías e irmandades promoveron, entre outros moitos aspectos, ás celebracións, especialmente ás procesión da semana maior do cristianismo, e foron un instrumento de axuda e cohesión social que segue manténdose como un os aspectos da identidade colectiva de moitos pobos e cidades.

Debuxo da Semana Santa de Tui de Gonzalo Álvarez Besada

Animados, de seguro, por este encomiable espírito se celebran na vila de Baiona diversas actividades conmemorativas do 450 aniversario da fundación da Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia, creada o 5 de abril de 1574. Os titulares da prensa local nestas ultimas xornadas repiten que trátase da confraría decana de Galicia (Faro de Vigo, 27.03.2024) ou a confraría veterana de Galicia (La Voz de Galicia, 20.03.2024).


Cando recorremos á historia como  “timbre de gloria” dunha tradición, dun costume, dun ben inmoble, etc. cómpre unha documentación acreditativa e o máximo rigor na análise dos datos e nas conclusións ás que chegamos. Tanto a Irmandade de Baiona como o propio Concello na súa calidade de promotor deste aniversario amosan a eiva dun localismo sen fundamento ao falar  da antigüidade desta congregación baionesa, afirmando a súa condición de decana de Galicia

Abonde citar datos referidos á confraría do Cristo de Ourense, datada en 1411, á Confraría do Rosario de Santiago de Compostela, fundada en 1516, ou ás diversas confrarías da Vera Cruz documentadas en Galicia ao longo dos séculos XV e XVI. Xeograficamente mais próxima está a Irmandade da Santa Casa de Misericordia tudense fundada en 1542 na igrexa de Santa María da Oliveira. Aos poucos anos tivo de mudarse á parte posterior da Catedral onde levantaron a capela da Misericordia, aínda hoxe conservada con numerosas reformas, que segundo a inscrición da súa portada renacentista levantouse en 1571 por Melchor Alonso Feal. Ao abeiro desta irmandade naceu en 1647 a Congregación do Doce Nome de Xesús, que xa en 1691 encárgalle ao escultor tudense José Bugarín unha imaxe do Nazareno. Na actualidade esta dúas entidades fusionáronse e seguen organizando anualmente os cortexos procesionais tudenses na Semana Santa. Son pois 32 anos os que preceden á fundación tudense á da vila de Baiona.

Abonden estes sinxelos datos para matizar, en aras do rigor e a veracidade, as información publicadas sobre a condición decana da confraría de Baiona, que non lle restan ápice algún a súa fecunda traxectoria histórica digna de recoñecemento e admiración.

As tradicións da Semana Santa en Galicia, con características de seu que non teñen que imitar ás expresión propias doutros territorios, testemuñan vellos costumes que non están referidos unicamente a un fenómeno relixioso senón que forman parte do noso acervo patrimonial, tanto material como intanxible, que precisamos valorar para coñecérmonos mellor, para asumir a nosa identidade colectiva forxada ao longo do séculos.


Nota: Este artigo foi enviado para a súa publicación ao xornal "Faro de Vigo" sen que fose finalmente editado

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...