Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2023

Bo Nadal coa iconografía do pórtico da Catedral

No amplo acervo patrimonial que custodiamos os tudenses a presenza de bens ligados á vida eclesial é moi amplo, derivado, especialmente, da condición episcopal da nosa cidade ao longo de moitos séculos. A iconografía, entendida como a descrición por medio de imaxes dun tema ou asunto, xoga sempre un relevante papel na configuración destes bens patrimoniais, pois a Igrexa ten entendido, ao asumir a tradición xudía da que nace, a importancia destas representacións simbólicas, pois o signo é un elemento consubstancial á súa vida litúrxica e cultual, xa que as imaxes e representacións son expresión dunha realidade transcendente que nos queren comunicar e transmitir. É por medio dos elementos simbólicos como a Igrexa explicita ás realidades sobrenaturais, os misterios da fe, a presenza de Xesucristo en medio do seu pobo. As principais afirmacións da fe cristián son a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús e, como necesario paso previo, a súa Encarnación como fillo de María e fillo de Deu