Ir al contenido principal

Bo Nadal coa iconografía do pórtico da Catedral

No amplo acervo patrimonial que custodiamos os tudenses a presenza de bens ligados á vida eclesial é moi amplo, derivado, especialmente, da condición episcopal da nosa cidade ao longo de moitos séculos.

A iconografía, entendida como a descrición por medio de imaxes dun tema ou asunto, xoga sempre un relevante papel na configuración destes bens patrimoniais, pois a Igrexa ten entendido, ao asumir a tradición xudía da que nace, a importancia destas representacións simbólicas, pois o signo é un elemento consubstancial á súa vida litúrxica e cultual, xa que as imaxes e representacións son expresión dunha realidade transcendente que nos queren comunicar e transmitir. É por medio dos elementos simbólicos como a Igrexa explicita ás realidades sobrenaturais, os misterios da fe, a presenza de Xesucristo en medio do seu pobo.


As principais afirmacións da fe cristián son a Paixón, Morte e Resurrección de Xesús e, como necesario paso previo, a súa Encarnación como fillo de María e fillo de Deus. Son a pascua da Resurrección e a pascua do Nadal. Aínda ata hai ben pouco non resultaba estraño escoitar neste tempo navideño a expresión “felices pascuas”, que rememoraba esta afirmación sobre o paso ou transito da condición divina á condición humana do mesmo Deus. Ambos acontecementos cimeiros da historia da salvación, da historia da humanidade, teñen sido obxecto de especial atención pola iconografía, para achegar os contidos destes misterios da fe a todos os fieis, a todos os homes.

En consecuencia, no patrimonio tudense conservamos diversas expresións iconográficas ligadas ao ciclo do Nadal que expresan por medio de imaxes e representacións gráficas estes momentos, tomando como elemento referencial os textos, principalmente, dos evanxeos, tanto os canónicos como nalgún caso os apócrifos, ligados á tradición da Igrexas dos primeiros séculos.

A principal expresión desta iconografía está na portada da nosa catedral sobre a que falaremos de seguido, aínda que renunciado a unha análise pormenorizada, que deixamos aos especialistas na historia da arte e da iconografía cristián.


O pórtico da catedral de Tui é sinalado como a primeira expresión da escultura gótica na Península Ibérica – que lle confire unha singular relevancia para a historia da arte- e tamén a primeira gran portada escultórica exterior da arte galega, tendo en conta que, por exemplo o Pórtico da Gloria compostelá ou o Pórtico do Paraíso de Ourense non son portadas exteriores senón interiores. No caso tudense o chamado na documentación “portal novo” será edificado no século XIV.

Esta obra escultórica é datada en torno a 1225, ano da súa consagración e os historiadores da arte a ligan coa presenza de cuadrillas de canteiros itinerantes, posiblemente de orixe franco. Establecendo paralelismo entre a portada tudense e portadas francesas como a da catedral de Laon, pero que temos que relacionar máis con programas iconográficos -relacionados co ciclo do Nadal- que con motivos estilísticos.   

Pórtico da Catedral de Laon

O pórtico da nosa catedral está dedicado, especialmente no seu tímpano central, á Encarnación de Xesús e aos episodios ligados a este acontecemento, onde a Virxe María, á que está dedicada esta Catedral ten un protagonismo central. O principal elemento desta iconografía está como dicimos no tímpano, que en Tui posúe tres niveis ou rexistros cada un cunha temática específica.

No primeiro nivel temos as escenas da Anunciación polo arcanxo Gabriel a María, o sono do Xosé, a representación do Nacemento de Xesús -no centro- e, finalmente, o anuncio deste nacemento aos pastores. O nivel inmediato está destinado aos episodios relacionados coa Epifanía: visita dos Magos de Oriente ao rei Herodes e a posterior adoración destes Magos ao Neno Xesús. Finalmente, no rexistro superior atopamos a representación da Xerusalén celeste, do reino dos ceos.

O centro do conxunto escultórico é Nosa Señora no momento posterior ao nacemento do seu fillo. O programa iconográfico pretende representar ao tempo á natureza humana e o carácter sobrenatural deste acontecemento histórico. Neste caso María aparece de costas ao seu neniño cunha expresión case melancólica  lo que tradicionalmente se ha explicado como expresión del parto con dolor y de su naturaleza humana. Sin embargo, cabría preguntarse si éste es un dolor físico, derivado del alumbramiento, o un dolor espiritual, vinculado a la futura muerte de Cristo en la cruz, que ya se presiente desde este instante”[1].


Esta expresión un tanto indolente ten a súa referencia en numerosos textos apócrifos e patrísticos. Además de la virginidad la ausencia de dolor en el parto de María es la otra constante que encontramos en los textos. Este aspecto es importante en tanto que marca la diferencia con otras representaciones de partos en las que el escultor ha dejado en el rostro de la mujer el signo del sufrimiento frentre a la placidez que encontramos en la Virgen con el Niño. Como es de sobra conocido, el dolor forma parte del castigo a Eva en Gn. 3, 16[2]. Esta ausencia de dolor expresa a condición da Virxe María como a “nova Eva” pola que superan os castigos impostos por Deus debido pecado orixinal de Eva e Adán, pois co nacemento de Xesús, se restaura a creación realizada por Deus, o seu designio de salvación para a Humanidade.

A escena do Nacemento é representada nun interior, remarcado polas columnas, ben traballadas e rematadas en capiteis decorados que indican un ámbito doméstico, fronte a tradicional representación nun cortello ou nunha cova. Posiblemente se trata de resaltar a condición rexia, tanto de Cristo como da súa Nai, situando este episodio nun espazo axeitado á condición superior dos chamados a reinar tanto no ceo coma na terra.

Sinala la iconografía de la Virgen tendida sobre el lecho tiene pocas variantes. Está fórmula iconográfica, presente ya en sepulcros romanos, se difundió a todos los ejemplos de nacimientos de personas de relevancia, lo que contrasta con los partos de mujeres de condición anónima que se figuran de pie[3].

Nesta liña na escena central da portada tudense a representación iconográfica do Nacemento de Cristo desenvólvese nunha cama con dosel, tan distante doutras escenas que reproducen a humildade dun cortello, simboliza á alta condición deste Neno,  considerado coma un rei, tanto pola súa condición de divina que o fai soberano do reino dos ceos como polo feito que a súa morte e resurrección garanten que reina sobre a morte e todos os seus inimigos, especialmente o pecado e a morte.

Ao tempo, xunto con este valor simbólico, esta cama mostra a habelencia dos canteiros que traballan nesta portada que dominan a confección dos pregues das cortinas e a propia roupa de cama e xunto co dosel dotan á escena dunha profundidade que supera a rixidez de tempos anteriores e crea unha representación artística máis conseguida e verosímil.

Unha referencia á misión salvífica de Cristo, pola súa morte e resurrección, figura tamén na representación iconográfica do Neno Xesús, que aparece na escena, por detrás da súa Nai, e completamente enfaixado. Al Niño podemos hallarlo fajado en pañales o completamente desnudo. El hecho de fajarlo tendría que ver con dos cuestiones. Por un lado respondería a la costumbre de vendar a los recién nacidos por espacio de cuarenta o sesenta días a fin de proteger su frágil cuerpo de fracturas y golpes. Por otro lado, derivaría del deseo de establecer un paralelismo entre el nacimiento y la muerte de Cristo, de modo que el Niño fajado se pone en paralelo con Cristo amortajado, máxime cuando el pesebre en que éste asienta se transforma en un sepulcro[4].

Por detrás deste Neno aparecen representados, unicamente amosando as súas cabezas, o boi e a mula, asociados ás representacións do presebe, un elemento tomado dos apócrifos pero amplamente estendido dende as primeiras representacións do Nadal. Neste caso ambos animais están adorando ao Neno Xesús, expresando que eles recoñecen a súa divindade como se recolle en numerosos escritos de época medieval.



Completan esta escena natalicia un grupo de catro anxos na parte superior, que responde aos esquemas iconográficos medievais onde este grupo de anxos aparecen representados nos ceos, sempre fóra do espazo onde ten lugar o alumbramento, expresando coa súa xestualidade signos de adoración, ledicia, glorificación e recoñecemento do prodixio da divindade feita home.

Sobre este conxunto anxélico atopamos outra constante nas representacións iconográficas da Natividade: es habitual es señalar el lugar del nacimiento con la presencia de un astro en el cielo, estrella que guiará después a los Magos, y del que en ocasiones partirá un haz de luz que culminará en la figura del recién nacido[5] Este astro e a súa luz irradiante figura en numerosos relatos medievais nos que beben os que deseñan estas representacións iconográficas.

Ben ao caso lembrar neste punto que estes conxuntos escultóricos adoitaban estar pintados, como aínda podemos albiscar nalgunha figuras do pórtico tudense, o que contribuiría a destacar, mediante o uso de cores, estas alusións simbólicas como é neste caso que comentamos o raio de luz que alumearía dende o ceo o lugar do portentoso natalicio.



Acompañan a esta escena central outros momentos dos relatos sobre o Nacemento de Cristo. Ollando de dereita a esquerda, figura, en primeiro lugar, o momento da Anunciación polo arcanxo San Gabriel á María, unha moza de Nazareth, da elección divina para concibir, por obra do Espírito Santo, ao Fillo de Deus. O arcanxo, que pola súa postura corporal evidencia que baixa do ceo como enviado de Deus, porta unha cartela, da que non podemos albiscar o seu contigo -de seguro que algunha frase ou palabra do texto evanxélico sobre a Anunciación-. Pola súa banda, María é representada ollando ao arcanxo e cunha man aberta a él dirixida, simbolizando a aceptación do anuncio que recibe, que se expresa tamén na representación de María xa embarazada, aludindo á tradición que sinala como a Virxe tras aceptar o anuncio anxélico comezou a concepción do seu fillo.

Estas imaxe da Virxe grávida son propias de época medieval, e progresivamente foron sendo abandonadas ao considerarse -especialmente tras a contrarreforma tridentina- unha expresión pouco decorosa para Nosa Señora. Na catedral de Tui, curiosamente, conservamos varios exemplos desta representación de Santa María embarazada ou “preñada” ou da Expectación como se denominada un dos principais retablos barrocos deste templo catedralicio.

O tímpano continua coa figura de San Xosé, o esposo e María e pai putativo de Xesús. No caso tudense a figura do patriarca segue as pautas das súas representacións medievais: nun lugar secundario, adormecido ou pensativo, representando as dúbidas respecto da súa prometida e o seu embarazo. O relato evanxélico recolle como un anxo faloulle en sonos a Xosé para acoller a María e non dubidar da condición divina do seu fillo. A figura de Xosé está tan inmediata á anterior escena da Anunciación que parecen compartir o mesmo anxo, e ao mesmo tempo participa da representación do Nacemento, acompañando á Virxe María logo do alumbramento.

Velaí un dos elementos que os historiadores da arte comentan como propios dun tímpano que responde xa a os inicios do gótico, onde se supera o hieratismo do románico na procura dun certo dinamismo nas representacións escultóricas, pois os personaxes se comunican entre si e incluso buscan ao espectador.


Similares características estilísticas figuran na escena do lado esquerdo, onde se representa o anuncio polos anxos aos pastores do Nacemento do Fillo de Deus. Un anxo acompañado dunha cartela, que en numerosas oportunidades alude ao canto e tamén á mensaxe transmitida, diríxese a dous pastores que aparecen acompañados das ovellas que coidan e para identificar, como sinala o relato evanxélico, que estaban ao raso, figuran varias representacións de arbores e outros elementos vexetais. De novo neste espazo unha das ovellas comunica esta escena coa do Nacemento, contribuíndo pois ao contido dinamismo que caracteriza a esta primeira arte gótica.

Temos pois neste escena central do tímpano da nosa Catedral unha referencia aos dous momentos centrais da historia da salvación: Encarnación, na pascua de Nadal, e a Pascua de Resurrección, que culmina a misión salvadora de Cristo. Estas escenas representan o momento culminante da historia, como Deus mesmo por medio do seu Fillo unixénito asume a humanidade, tomando a nosa condición por medio da súa Encarnación, coa misión salvífica de redimirnos mediante a súa paixón, morte e resurrección xa anunciada nesta iconografía. Unha presenza divina que se prolonga no tempo na súa Igrexa, simbolizada por María, nai e figura da Igrexa, á que esta portada da acceso. No interior deste templo estes simbolismo iconográficos adquiren a súa plenitude, ao pasar do signo á realidade da presenza de Deus entre nos por medio dos sacramentos que se administran neste novo templo, o corpo de Deus, que á a Igrexa.

Agardo que estas reflexións -que continuaremos en días próximos coas escenas da Epifanía- nos aproximen aos misterios do Nadal e son ocasión para desexar a todos os nosos seguidores os desexos dun feliz e santo Nadal.



[1] GONZALEZ HERNANDO, Irene (2010): El nacimiento de Cristo. Irene González Hernando. Revista digital de iconografía medieval, ISSN 2254-7312, Vol. 2, Nº. 4, págs. 41-59.

[2] GÓMEZ GÓMEZ, Agustín (1998): “La iconografía del parto en el arte románico hispano”, Príncipe de Viana, año LIX, nº 213, pp. 79-102. Disponible en línea: http://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=16123

[3] GÓMEZ GÓMEZ, Agustín (1998), Op. Cit.

[4] GONZALEZ HERNANDO, Irene (2010): Op. Cit.

[5] GONZALEZ HERNANDO, Irene (2010): Op. Cit.

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...