Nestas xornadas de decembro os medios de comunicación recollen a descuberta de catro aneis nun dos relicarios da igrexa do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (actualmente en proceso de restauración), concretamente nun arca que acollía no seu interior os restos óseos dos coñecidos como “os nove santos bispos”. Segundo recollen as informacións xornalísticas a urna preséntase dividida en catro compartimentos, que presuntamente conservan as reliquias de catro de aqueles nove bispos. Nun dos compartimentos, entre as reliquias óseas, atopouse unha bolsa de tea (probablemente seda) con bordados en fío de ouro . Ante a sorpresa dos presentes, dentro da pequena bolsa atopábanse catro aneis de prata con pedras de diversa calidade e dous documentos escritos. Tomada de : http://www.obispadodeourense.com/ Un deles é unha pequena etiqueta en pergamiño, que debía recoller os catro aneis. Na parte interna da mesma aparece un texto no que se pode ler: " Estes quatro anei...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses