Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de noviembre, 2021

A visita a Tui do escritor portugués Fialho de Almeida en xullo de 1905

  En diversas oportunidades temos dedicado post de Tudensia a recoller a imaxe que os viaxeiros teñen recollido da nosa cidade no seus escritos (Murguía, ) pero en poucas oportunidades estes textos son de autores portugueses. Como sinala a investigadora Lourdes Carita forom relativamente poucos os intelectuais portugueses que, antes de 1886, visitaram a Galiza, mais a ponte internacional Valença – Tui nesse ano inaugurada veio simplificar, sen dúvida, as comunicações entre os dois países, permitindo que un número cada vez maior de viajantes atravesse o rio Minho. Dende aquela o número de escritores portugueses interesados en coñecer Galicia aumentou de xeito significativo: Teixeira-Gomes. Ramalho Ortigão, Julio Dantas, e tantos outros. Entre eles está José Valentim Fialho de Almeida. Este escritor portugués naceu en 1857 en Vilar de Frades, na rexión do Alemtejo. Nunha familia de escasos recursos, de moi novo vai para Lisboa a traballar nunha botica. Con grandes esforzos logra comp