A escultura pública non é especialmente abondosa na nosa cidade, con todo posuímos obras de Silverio Rivas, Xoán Oliveira, Xoán Piñeiro ou Alfonso Quinteiro coma exemplos sobranceiros que engalanan algunha das nosas prazas e rúas. Na Praza de Galicia, recentemente remodelada, existe un conxunto escultórico realizado en pedra, encargado polo Concello tudense durante o goberno de Ángel Álvarez Durán, da autoría de Magin Picallo, escultor afincano no Baixo Miño onde posúe unha obra ampla e espallada polos nosos concellos. Magin Xulio Picallo Durán é natural de Troáns - Cuntís, onde naceu en 1943. Estudou na Escola de Artes e Oficios de Compostela e foi discípulo do egrexio escultor galego, Francisco Asorey. Tras casar, radicouse na parroquia de Goián onde reside e ten o seu obradoiro. Ten obra espallada por España e en Galicia resulta especialmente coñecida a súa escultura "Encontro de dous mundos", monumento conmemorativo do quinto centenario da chegada da carabela "Pin...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses