Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Ranchos de Reis

Nova reivindicación dos "Bandos ou ranchos de Reis"

En varias oportunidades dende Tudensia temos recollido unha vella tradición do Nadal tudense como son os “Bandos de Reis”, tamén chamados “Ranchos”, que coa súa vistosa indumentaria e as súas sinxelas coplas percorrían nestas datas, arredor da festa da Epifanía, tanto os camiños das nosas parroquias como as rúas empedradas da cidade na procura dun “aguinaldo”, propina en metálico ou en especie. Rancho de Reis de Guláns - Ponteareas, circa 1920 O interesado pode revisar estes post de anos anteriores: http://tudensia.blogspot.com/2021/01/non-deixemos-de-cantalos-reises.html e tamén http://tudensia.blogspot.com/2010/01/os-bandos-de-reis-tudenses.html ou anteriormente   http://tudensia.blogspot.com/2008/12/un-nadal-tudense-con-boleardos-e-bandos.html Cómpre seguir reivindicando, nunha nova ocasión, aos “Ranchos de Reis”. Cando estamos contemplando como se deturpa a tradición do Nadal coa introdución de novas expresións navideñas alleas por completo á nosa historia (caso do chamad...

Non deixemos de "cantalos Reises"!

Este blog dedicado a temas relacionados co territorio tudense non quere deixar pasar estas datas de final do ciclo do Nadal, coa festividade da Epifanía ou dos Reis Magos, sen lembrar nunha nova oportunidade unha alongada tradición, de grande presenza hai décadas nas parroquias tudenses, e da que paseniñamente imos perdendo á memoria. Na actualidade, as cabalgatas son a principal manifestación da celebración dos Reis,   pero estes desfiles son un costume moderno e burgués implantado ao longo do século XX nas cidades e vilas e que hoxe está consolidado como a principal expresión popular desta festividade chea de luz e ilusión. Rondalla de Malvas, 1969. Tomada do libro "Memorias dun pobo Santiago de Malvas e as súas xentes" de Raimundo Martínez Tradicionalmente a principal manifestación festiva na cultura tradicional nesta xornada eran os cantos de reis que forman parte dun ciclo festivo máis amplo. Adoitaba ser habitual nas festas do Nadal ir cantar polas casas do barrio ou ...

Reivindicación do boleardo de Nadal tudense

O tempo de Nadal, ao que nos achegamos, é un dos momentos máis representativos das tradicións, do acervo cultural que identifica a unha comunidade. As expresións que adoita este tempo se traducen na arte, nas devocións, na música, nas tradicións populares e tamén na gastronomía. Gaiteiro de Guillarei, fotografia de F. Zagala, c. 1900. Arquivo Museo de Pontevedra A modernidade e a pretendida globalización, que non deixa de ser unha uniformización, veñen provocando unha perda dos sinais identitarios que singularizan no tempo ás comunidades humanas. Un dos ámbitos onde máis evidente resulta este proceso é o Nadal, onde os costumes e tradicións locais sucumben fronte á presión dos mass-media e os seus intereses, tantas veces, exclusivamente comerciais. Por eso recuperar a memoria daquelas costumes e tradicións máis que centenarias que identificaban estas festas do Nadal en Tui é tamén un xeito de reivindicar a nosa condición tudense, o noso xeito de vivir e celebrarmonos estas...