Ir al contenido principal

Nova reivindicación dos "Bandos ou ranchos de Reis"

En varias oportunidades dende Tudensia temos recollido unha vella tradición do Nadal tudense como son os “Bandos de Reis”, tamén chamados “Ranchos”, que coa súa vistosa indumentaria e as súas sinxelas coplas percorrían nestas datas, arredor da festa da Epifanía, tanto os camiños das nosas parroquias como as rúas empedradas da cidade na procura dun “aguinaldo”, propina en metálico ou en especie.

Rancho de Reis de Guláns - Ponteareas, circa 1920

O interesado pode revisar estes post de anos anteriores: http://tudensia.blogspot.com/2021/01/non-deixemos-de-cantalos-reises.html e tamén http://tudensia.blogspot.com/2010/01/os-bandos-de-reis-tudenses.html ou anteriormente  http://tudensia.blogspot.com/2008/12/un-nadal-tudense-con-boleardos-e-bandos.html

Cómpre seguir reivindicando, nunha nova ocasión, aos “Ranchos de Reis”. Cando estamos contemplando como se deturpa a tradición do Nadal coa introdución de novas expresións navideñas alleas por completo á nosa historia (caso do chamado “Apalpador” incluso con recibimento público) e cun exceso de comercialización completamente desaforado, paralelamente deixamos esmorecer aquelas expresións do Nadal que conservan a nosa identidade, que custodian un acervo de tradición oral de grande riqueza como é o caso dos “Ranchos ou Bandos de Reis” e as expresións populares asociadas ao ciclo do Nadal.

Nunha cidade e concello que ten no patrimonio cultural a súa principal expresión de vida colectiva e de orgullo de pertenza e, por conseguinte, un dos seus principais recursos para as dinámicas socio-económicas, resulta pertinente, como xa temos manifestado noutras oportunidades a través de “Tudensia”, a necesidade de promover a recollida e documentación destes cantos de Reis e do ciclo do Nadal así como de apoiar ás entidades culturais das parroquias que realizan este labor e organizan ranchos de reis ou rondallas.

Medidas que supoñen tamén unha forma conservación do noso patrimonio cultural que nos identifica, pois se trata dunha tradición que se mantivo especialmente no sur de Pontevedra, no territorio da antiga provincia e diocese tudense (especialmente en lugares como Guláns ou As Cortellas, de Ponteareas, Riofrío en Mondariz, Salceda... no caso de Tui con referencias especialmente a Pexegueiro, Randufe ou Malvas). Cómpre non cinguir o noso concepto de patrimonio unicamente aos bens inmobles pois é moito máis amplo, e consecuentemente rico, no que afecta aos bens mobles e ao patrimonio inmaterial ou intanxible.

A creación dun evento que reúna, en Tui, aos grupos tradicionais dos “Ranchos de Reis” é unha vella aspiracións das moitas da xentes que traballan no ámbito da cultura popular e contribuiría a dignificar estas expresións da cultura popular, incentivar a súa conservación e a súa difusión entre a veciñanza e amosar a ampla diversidade das tradicións musicais da nosa terra.

Hai xa décadas que houbo dende o Concello tudense accións para a promoción dos “villancicos de Reyes”. No ano 1947 por acordo da Corporación Municipal convocouse unha “competición de agrupaciones que canten los Villancicos de Reyes, como se hizo en años anteriores”. Foi designado un xurado integrado por Faustino Temes Dieguez, profesor de música e Servando Bugarín Domínguez, director da Polifónica tudense xunto ao alcalde, Rosendo Bugarín Domínguez. Tras a celebración do certame no Palco da Música foron concedidos os seguintes premios: primeiro, de 250 pts., á agrupación de Rebordáns, dirixida por Serafín Fontán Rodríguez; segundo, de 150 pts., á agrupación de Randufe, dirixida por Obdulio González Lago, e terceiro premio concedid “exaequo” a sendas agrupacións tamén de Randufe dirixidas, respectivamente, por Angustia Lago Areal e Manuel Gómez Diz, con 50 pts a cada unha.

No ano 1949 foi de novo convocado o concurso, estando o xurado integrado por Servando Bugarín Domínguez, mestre de capela da S. I. Catedral, o músico da Banda Municipal, Manuel González Fernández, e o concelleiro, daquela chamados “gestores”, Celestino Pérez Martínez. Nesta ocasión o certame fracasou pois segundo o fallo do xurado: no habiendo concurrido a esta competición más Grupos de concursantes que los dirigidos por D. Manuel Diz Torres, vecino de Randufe, no caben otros méritos, por lo cual se propone para esta agrupación el primer premio” que se mantiña nas 250 pesetas.

Posteriormente houbo outros certames promovidos polo Frente de Juventudes, organización xuvenil da Falange Española, xuntamente co Centro de Iniciativas y Turismo conxuntamente co Concello organizan no ano 1960, como recolle o Boletín de Información do CIT. Un certame de “Bandos de Reis” na tarde do 5 de xaneiro de 1961, como acto previo á Cabalgata “para renovar esta antigua tradición (...) el primer premio de 500 pesetas destinado a la mejor comparsa quedó desierto. El segundo, de 300, fue adjudicado al rancho local “Aires do Miño” simpático conjunto de jóvenes de ambos sexos con el típico traje regional, su actuación no fue más que discreta, por escasa preparación, pero tiene buenas voces y no dudamos que si se lo proponen conseguirán renovar los laureles de la Polifóbica “Padre Salvado” y otras anteriores agrupaciones musicales. El importe de este premio fue entregado, en un magnífico gesto de estos muchachos, al Asilo de Ancianos. El tercer premio de 100 pta. correspondió al Bando de Reyes de Salvatierra de Miño y el cuarto de consolación, para el Bando infantil de Sobrada- Tomiño”.

De novo no ano 1961 o CIT xunto co Frente de Juventudes convoca o “Concurso de agrupaciones y Bandos de Reyes” para “el resurgimiento de este relicario folklórico de la ciudad”, convocatoria que se repite no ano 1962.

Adoración dos Magos, retablo de Nosa Señora do Rosario 
(ou da batalla de Lepanto) na igrexa de San Domingos de Tui, sec. XVIII

Dende aquela non houbo novos certames sobre os “Bandos ou ranchos de Reis”, aínda que a súa presenza se mantivo esporadicamente nas vésperas da Epifanía polas terras de Tui. Moita máis continuidade tiveron e teñen as “rondallas”, especialmente nos últimos tempos a de Pexegueiro.

Rematamos estes comentarios, facendo votos pola revitalización desta vella tradición, reproducindo un destes cantos de Reis rescatándoo do esquecemento:

 

Esta noche celebra la Iglesia

la Epifanía de los Santos Reyes

de Oriente salieron diciendo

el Verbo encarnado que el mundo amanece

                    Que Viva y que reine

                    que viva y que reine

                    el Verbo encarnado

                    el Rey de los reyes

Una estrella le sirvió de guía

que bajó rompiendo su color celeste

tan brillante que no tiene cielo

lucero de noche más resplandeciente.

                    Que Viva y que reine…

Reyes Magos prosiguen

a Belén llegaron y allí les oscurece.

salió un rayo tan brillante

un cielo estrellado y un sol que parece.

                    Que Viva y que reine…

En el portal de Belén

parió la Virgen María,

las estrellas y la luna

se cubrieron de alegría.

                    Que Viva y que reine…

En el portal de Belén,

un poquito más adentro.

En el portal de Belén,

allí fue su nacimiento.

                    Que Viva y que reine…

Estrellita reluciente,

quítame de esta agonía,

llévame a las capitales,

en compañía de María.

                    Que Viva y que reine…

Pregunta Herodes a los adivinos, pregunta si saben,

ese Niño donde ha nacido

Belén de Judea por las profecías

que así lo declaran.

                    Que Viva y que reine…

Asustado se quedó Herodes

con estas noticias y todas sus gentes

pues se teme que el Rey de los cielos

usando grandezas a la tierra venga.

                    Que Viva y que reine…

Mientras tanto Herodes

despacha ministros por todo su reino

que a los niños dos años abajo

sin quedar ninguno, a todos degüellen.

                    Que Viva y que reine…

De rodillas hincados le adoran,

y de sus ricos tesoros le ofrecen

oro, incienso y mirra,

pues no en vano dicen, sus misterios tienen.

                    Que Viva y que reine…

Le adoran al hermoso Niño

la Virgen, su madre, que en brazos le tiene,

le contempla José que de gozo

su ternura dice que lágrimas vierte.

                    Que Viva y que reine…

Concluyo señores

y todos pedimos con nuestras canciones

que este Niño que hoy ha nacido

por siempre reine en nuestros corazones.

                    Que Viva y que reine…

 

(Recollido de Remedios Domínguez Gómez no libro “Anécdotas e vivencias de Tui e comarca – II”, Asociación de Amas de Casa e Consumidores “Rias Baixas” de Tui, 2002)

Para todos o noso desexo que ¡cantemos ben os Reis!

 

Comentarios

Publicación populares

A fábrica de galletas "La Peninsular"

Temos sinalado neste blog en diversas oportunidades o descoñecemento que posuimos da historia contemporánea de Tui fronte a outros períodos históricos moito mais investigados que a nosa historia mais recente. Aspectos como a vida política tudense na primeira metade do século XX seguen esperando un achegamento como tamén os procesos e dinámicas socias desenvolvidos no noso territorio. Hoxe ofrecemos en Tudensia un post sobre a fábrica de galletas “La Penínsular” que abrangue case medio século da vida económica tudense. Achegamos a información ofrecida polo profesor de historia económica da Universidade de Santiago de Compostela, Angel Ignacio Fernández González, no seu blog “Galicia Agraria” nun documentado post sobre a industria de galletas en Galicia nos principios do século XX. Aportamos a rica e moi completa información que achega profesor Fernández algunha pequena referencia da nosa autoria colocadas como notas. http://galiciaagraria.blogspot.com.es/2012/03/gall...

A lenda do túnel baixo o MIño

As lendas ou narracións populares, transmitidas oralmente, relatan xeralmente acontecementos ficticios que se teñen por reais, en moitas ocasións mesturados con feitos históricos. Pola súa capacidade de evocación, pola súa transmisión xeracional as lendas conforman un acervo do que chamamos patrimonio inmaterial que cómpre recoller e preservar. Na nosa cidade conservamos varias lendas vencelladas ao caracter histórico da nosa localidade, ao seu caracter fronteirizo e consecuentemente a súa fortificación fronte aos posibles invasores. A máis asentada no imaxinario colectivo tudense é a relativa ao “túnel” que comunica Tui coa outra beira do Miño, coas terras de Valença. Resulta moi significativa esta lenda pois testemuña como na mentalidade dos tudenses a fronteira e a súa condición de limite, de aillamento fronte ao estranxeiro era superada polas nosas xentes que a través do túnel escapaban destas “imposicións” e mantiñan a comunicación coas terras irmáns que as estructuras políticas ...

Agrarios tudenses en "El Agrario" de Buenos Aires de 1923

Fundadores da "Sociedad Agraria" de Paramos (en pose para El Agrario) De esquerza a dereita b(en pé), cidadáns Hermenegildo Gándara Estévez e Manuel Alem; sentados Simplicio Fernández Rivas, Hermenegildo Alem Rocha e Jesús Fernández Rivas Temos comentado en numerosas oportunidades neste blog o escaso coñecemento que posuímos sobre a historia mais recente do noso concello. Entre os episodios que conforman este período histórico máis recente está o movemento agrarista que na última década do século XIX e nas primeiras do pasado século mobilizou aos labregos de Galicia na procura do acceso á propiedade da terra (ata daquela os nosos campesiños eras foreiros, tiñan o usufructo inmemorial dunhas leiras que non eran súas) e consecuentemente a mellora das condicións de vida destas masas populares. Será o movemento agrarista o que adquira neste anos un progresivo protagonismo fronte ao caciquismo conservador que dominaba a vida política da comarca de Tui coa figura ...

A Semana Santa tudense e as súas posibilidades

Xa na noite do Venres Santo xorde de novo unha reflexión sobre a Semana Santa tudense, pois quizais na nosa cidade non chegamos albiscar as súas potencialidades como elemento que forma parte do noso acervo patrimonial que temos a responsabilidade de conservar, sen privala da súa dimensión relixiosa, e dende esta valorización é tamén un posible recurso turístico para Tui, pois poucos lugares de Galicia teñen unha riqueza similar nestas xornadas. Neste mesmo blogue temos sinalado que inmediata celebración das festas patronais de San Telmo distorsiona a visión destas xornadas de celebración do misterio pascual de Xesús, configuradas como un preludio das festas e, consecuentemente, infravaloradas non xa na súa dimensión espiritual senón na súa significación cultural. Cómpre valorizar as actividades litúrxicas ou para-litúrxicas destas datas, pois, independentemente da súa significación relixiosa ou espiritual, conservan requintadas expresións da nosa historia colectiva da que somos...

"A Trapa" a segunda cova granítica máis grande de Europa descoberta en Ribadelouro

O pasado sábado 9 de abril nunha conferencia pronunciada en Tui Clube Espeleolóxico “Maúxo” presentou un descubrimento certamente importante: “A Trapa” a segunda cova granítica máis grande de Europa, que se atopa na parroquia de Ribadelouro nas abas do Monte Aloia. Un descubrimento de especial relevancia para a xeoloxia e para a arqueoloxia da nosa terra, e que incrementa o valor que sa posuía esta zona inmediata ao Parque Natural do Monte Aloia. Cómpre agora impulsar o proxecto de ampliación territorial deste Parque abranguendo a Serra do Galiñeiro –por certo, ameazada na actualidade pola prevista instalación dun parque eólico-. Felicitamos ao Clube Espeleolóxico “Maúxo” polo seu labor e por aportarnos este relevante descobrimento. Achegamos un artigo publicado no día de onte na edición Galicia de “El País” como información sobre este achado. Una trampa de 1.200 metros Expertos descubren la segunda cueva más grande de Europa en O Galiñeiro SARA VILA - Santiago - 21/04/2011...

Ricardo Blanco Cicerón

O pasado martes 15 de decembro foi inaugurada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, unha exposicion que co titulo de “Olladas dunha época” recolle unha escolma das fotografias do chamado “Fondo Blanco-Cicerón” que se custodia no devandito Museo. Como podemos comprobar na portada do catálogo que acompaña a este “post” a cidade de Tui é unha das protagonistas desta mostra que amosa unha selección das fotografías que conformaban a colección de Ricardo Blanco-Cicerón (Tui 1844 – Santiago 1926). Son na súa meiranda parte instantáneas da época do cambio de século, entre 1890-1910, e que respostan ao interese coleccionista de D. Ricardo que conformou ao longo da súa vida a, posiblemente, a máis ampla colección de caracter cultural que teña existido en Galicia: obxectos prehistóricos, artísticos, etc. que nutren hoxe en boa medida os museos da nosa terra. Esta mostra organizada conxuntamente polo Museo do Pobo Galego e o Centro Galego de Artes da Imaxe poderá ser visitada ...

Yzquierdo Durán, ilustrador tudense. Breve noticia.

Jose Yzquierdo Durán foi un popular ilustrador que radicado en Madrid realizou, nas primeiras décadas do século XX unha prolífica producción en todo tipo de publicacións, tanto periódicas como en libros. Son moi escasas as noticias sobre a súa traxectoria que poidemos acadar non así imaxes da súas obras, que ocupan as portadas de numerosas edicións das segunda e terceira décadas do pasado século. O erudito Manuel Fernández-Valdés no seu excepcional libro “Familias antiguas de Tuy” nos informa que Jose Izquierdo Durán era fillo do avogado tudense José Izquierdo Sarmiento, que foi secretario do Concello tudense, e de Concepción Durán Mera, dunha familia de longa tradición na cidade. Tiveron tres fillos, Celso, que foi crego ocupando, entre outras, a parroquia de Piñeiro, Pilar, que foi directora moitos anos do “Hogar Rosendo Salvado” dependente do Auxilio Social nos anos da ditadura, e José, de quen hoxe nos ocupamos. José Izquierdo Durán naceu en Tui no anos 1890 e desenvolveu en Madrid...