Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2023

Un relato histórico sobre Tui de Leopoldo Martínez Padín, no seu bicentenario

  Onte, 23 de setembro, cumpríronse douscentos anos do nacemento na rúa Canicouba tudense do escritor e historiador tudense Leopoldo Martínez Padín, a quen lle temos dedicado o último post deaste blogue. Hoxe completamos esta achega sobre Martínez Padín recollendo un breve relato ou narración histórica sobre o pasado de Tui. Cómpre lembrar que a figura de Leopoldo Martínez Padín e a súa obra, especialmente a referida á historia de Galicia, necesita ser contextualizada dun dobre sentido para a súa axeitada comprensión. Por unha banda, reivindicando a singular aportación que significa a publicación en 1849 do primeiro volume da “Historia política, religiosa y decriptiva de Galicia” que destaca polo amplo enfoque e cun ambicioso plan a desenvolver. En ella no sólo intenta narrar los acontecimiento sino que examina también, auunque con muy poca profundidad y rigor científico, todos los aspectos (a la altura de su época) greográfico-socio-económico-políticos de la sociedad gallega [1]

Bicentenario de Leopoldo Martínez Padín

  Unha das rúas máis céntricas de Tui leva o nome de Leopoldo Martínez Padín, pero estou certo que a inmensa maioría dos tudenses descoñecen por completo algún dato sobre este persoeiro asentado dende hai máis dun século no rueiro tudense. Leopoldo Constantino Eustaquio era fillo de Francisco Xavier Martínez de Seixo e Joaquina Padín y Giménez de Ortega, Leopoldo nace na rúa da Canicouba o 21 de setembro de 1823, sendo bautizado ao día seguinte na catedral [1] . Polos avós paternos a súa familia procedía de Sanguiñeda (Mos) e polos maternos de Vigo. En case todas as biografías consultada se afirma que ingresa no Seminario Conciliar tudense, onde permanece dous anos estudando Gramática e Filosofía, para continuar logo os estudos de Xurisprudencia e Cánones, recibindo en ambos a licenciatura en 1847, coa cualificación de “némine discrepante” a claustro pleno. Sen embargo, cómpre precisar que o Seminario Conciliar tudense non foi creado ata o ano 1850 polo bispo Casarrubios y Melgar