Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Boleardo

Reivindicación do boleardo de Nadal tudense

O tempo de Nadal, ao que nos achegamos, é un dos momentos máis representativos das tradicións, do acervo cultural que identifica a unha comunidade. As expresións que adoita este tempo se traducen na arte, nas devocións, na música, nas tradicións populares e tamén na gastronomía. Gaiteiro de Guillarei, fotografia de F. Zagala, c. 1900. Arquivo Museo de Pontevedra A modernidade e a pretendida globalización, que non deixa de ser unha uniformización, veñen provocando unha perda dos sinais identitarios que singularizan no tempo ás comunidades humanas. Un dos ámbitos onde máis evidente resulta este proceso é o Nadal, onde os costumes e tradicións locais sucumben fronte á presión dos mass-media e os seus intereses, tantas veces, exclusivamente comerciais. Por eso recuperar a memoria daquelas costumes e tradicións máis que centenarias que identificaban estas festas do Nadal en Tui é tamén un xeito de reivindicar a nosa condición tudense, o noso xeito de vivir e celebrarmonos estas...

Un Nadal tudense, con boleardos e bandos de reis

Achegándose aos tempos do Nadal resulta de interese evocar vellas tradicións vencelladas a estas festas, pois a pesares da secularización e a comercialización indecente destas datas permanece na inmensa maioría de nós unha vivencia intensa destas celebracións navideñas que percorre os tempos. Rememorar vellos costumes é un xeito de achegarnos á riqueza de expresións populares destas datas que nos falan dunhas tradicións inxeridas nas nosas raices culturais, na nosa identidade colectiva. O Nadal que desenvolvíase en Tui nos primeiros tempos do século pasado céntrabase, coma hoxe, nas datas de Nadal, Noitevella e Reis. A cea de noiteboa xiraba arredor do bacallau con repolo ou coliflor, elemento culinario non relacionado en absoluto coa nosa proximidade ás terras de Portugal, senón que constiue unha lembranza da vella obriga de gardar vixilia naquela noite (por tanto, non estaba permitada a carne) e que prendeu nos costumes de tantas e tantas casa tudenses que aínda hoxe...