Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Braine-la-Compte

O proxecto de construción da Ponte Internacional de Tui (e II)

Rematabamos onte cunha referencia ao autor do proxecto da Ponte Internacional, Pelayo Mancebo Agreda (Calahorra 1845 – 1912) enxeñeiro de camiños, que ocupou un escano como deputado do Partido Moderado polo distrito rioxano de Arnedo en 1884, e é autor de numerosas obras públicas ao longo da Península: a ponte de San Clodio, sobre o río Sil no concello de Ribas de Sil, a de Castejón, en Navarra, o encoro da Estanca en Calahorra ou a ponte, en terras portuguesas, que comunicaba as localidades de Entre os Rios e Castelo de Paiva derrubada no 2001 con numerosas vítimas. Mancebo Agrada describe asi a súa obra no devandito artigo de 1890: ADOPCIÓN DEL SISTEMA.- La importancia de las fundaciones no daba lugar a dudas; había que proyectar un puente metálico, y los tramos rectos estaban indicados; yo entendí desde luego que, asimismo, la continuidad de las vigas; pero como por este tiempo (1878) existía entre muchos ingenieros una verdadera preocupación contra la continuidad en...