Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como San Bartolomeu de Rebordáns

Apuntes para unha cronoloxia da restauración da igrexa de San Bartolomeu: precisións aos comentarios de Alberto Estévez Piña

Retablo central da igrexa de San Bartolomeu ata1966 Publicaba hai unhas semanas un “post” sobre as intervencións arqueolóxicas efectuadas na igrexa parroquial de San Bartolomeu de Rebordáns dirixidas por Manuel Chamoso Lamas e Jose´F. Filgueira Valverde.  No artigo  da súa autoria “Excavaciones arqueológicas en la iglesia y atrio de San Bartolomé de Rebordanes de Tuy (Pontevedra)” publicado en “Noticiario Arqueológico Hispánico” do ano 1976,e que seguimos naquel "post· indicaban o seguinte: “ Los trabajos realizados fueron comenzados en los primeros meses del verano de 1970 (... y) qued aron totalmente finalizados el día 21 de noviembre de 1970 ” abranguendo a escavación das tres naves do templo e unha intervención no adro. Con base ás afirmacións deste artigo, ás propias lembranzas persoais e á lóxica que leva a que unha actuación arqueolóxica sexa previa ao proceso de obras, afirmaba na introducción daquel “post”: No ano 1970 comezou un proceso –que demorou varios anos...

As escavacións arqueolóxicas de 1970 en San Bartolomeu de Rebordáns

A igrexa parroquial de San Bartolomeu de Rebordáns é un monumento realmente singular pola súa arquitectura e a súa antigüidade, unha auténtica alfaia. Pero xunto aos valores artísticos e históricos non é tan amplamente coñecida a súa dimensión arqueolóxica que posúe un grandísimo interese. No ano 1970 comezou un proceso –que demorou varios anos- de restauración deste templo. Como paso previo a esta intervención foi realizado na segunda metade do ano 1970 un proceso de escavación arqueolóxica dirixido por Manuel Chamoso Lama, responsable daquela dos temas de patrimonio en Galicia, coa colaboración de Xosé Filgueira Valverde, director do Museo de Pontevedra. Froito daquela campaña foi o descubrimento da necrópole sobre a que se asenta esta igrexa de San Bartolomeu, e que hoxe podemos contemplar baixo o chan do templo parroquial, e de diversas estructuras arquitectónicas no adro que foron tras o seu estudo de novo soterradas para garantir a sú a conservación.   Sobre esta...

Lamentable construción xunto á igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns

A Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns é un dos máis sobranceiros elementos do patrimonio monumetal tudense, expoñente da continuidade do habitat no noso territorio dende a época romana ata os nosos días. Este templo levantado sobre unha necropole imperial posue elementos constructivos do século XI, como exemplo do agromar do románico na nosa terra, visibles especialmente na capelas laterais da cabeceira. A capela central foi transformada no século seguinte. Neste espazo están os elementos máis valiosos desta igrexa. Pois ben a escasos metros da cabaceira románica desta alfaia da arte da Galicia foi levantado un galpón de bloques de cemento que impacta visualmente de xeito lamentable no entorno desta igrexa. Certamente neste caso estamos diante dunha nova agresión ao patrimonio cultural da nosa cidade que cómpre reparar. Confiemos que os responsables da conservación axeitada do noso patrimonio promovan as medidas legais precisas para devolver á este templo o seu entorno libera...