Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Muller

Mulleres tudenses

A historia é unha disciplina que evoluciona na súa concepción e na súa análise do pasado, pois os historiadores analizando os feitos ofrecemos unha visión do pasado, das sociedades pretéritas e das súas dinámicas. Pero esta visión responde basicamente aos requirimentos do presente, ás necesidades e reflexións que xorden no tempo actual. Así dunha historia baseada nos grandes feitos políticos do pasado, temos evolucionado a unha análise das estruturas sociais e económicas que condicionan e determinan os acontecementos e a evolución da sociedade. Hai varias décadas a historia centrouse na análise das mentalidades, da vida cotiá, da historia dos sen historia, dos que non figuran nas crónicas nin nos relatos do pasado e en esporádicas ocasións aparecen nalgún documento que teña chegado aos nosos días. En paralelo ao proceso social que vivimos na actualidade de reivindicación do papel da muller na sociedade, dos procesos de igualdade en todos os ámbitos, dunha lectura feminina, e ...