Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Ezequiel Ordoñez

Parlamentarios tudenses VII: o cacique da Restauración, Ezequiel Ordoñez González

A Restauración da monarquía borbónica na persoa de Afonso XII no ano 1874   propiciou un réxime sólido e forte, aínda que sen acadar un completo desenvolvemento democrático. O sistema deseñado por Cánovas e Sagasta, polo que estaba pactada a alternancia política entre os partidos conservador e liberal, garantiu unha estabilidade política pero co tempo sentou as bases dunha dualidade política: unha España oficial, a do poder, e outra real que co tempo se imporá coa II República. Para levar adiante este sistema era un elemento central o control dos procesos electorais, introducindo o caciquismo político como un factor imprescindible no funcionamento do sistema chegando, como será o caso do distrito tudense a unha patrimonialización do distrito en man dunha familia, no caso tudense, os Ordoñez. Nas primeiras elección deste novo período histórico celebradas en xaneiro de 1876 resulta electo polo distrito tudense un deputado “cuneiro”, o madrileño Francisco Javier Boguerin...

O proceso de construción da Ponte Internacional de Tui (I)

O 25 de marzo de 1886 foi inaugurada oficialmente a Ponte Internacional de Tui nun acto solemne que congregou a unha multitude para contemplar o bico que as locomotoras déronse na via férrea no medio da nova ponte. A ponte deseñada por Pelayo Mancebo é un exemplo soberbio da chamada arquitectura de ferro en Galicia, e xunto á Catedral un dos símbolos icónicos de Tui. Resulta sorprendente que a nosa cidade sexa recoñecida por dous monumentos tan dispares: unha catedral románica e gótica e unha ponte metálica propia da modernidade. Pero tamén dende hai 134 anos esta ponte é símbolo da perenne comunicación entre Galicia e Portugal, da unión entre Valença e Tui, hoxe expresada na creación da Eurocidade. En Tudensia temos publicados diversos post relacionados coa Ponte Internacional e a súa significación; neste enlace podemos consultar  estes artigos: http://tudensia.blogspot.com/search?q=ponte+internacional A celebración deste aniversario é unha oportunidade para ache...