Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2020

Bo Nadal cunha panxoliña de Manuel Lago e debuxos de Eduardo Padín

A chegada do Nadal é unha oportunidade marabillosa para que dende Tudensia fagamos chegar a todos os nosos seguidores, en primeiro lugar, a nosa gratitude pola súa constancia e alento, especialmente neste ano de dor, confinamentos e incertezas, así como os nosos mellores desexos dun feliz Nadal e un venturoso ano 2021 que agardamos sexa unha alborada de alento que nos acariñe. Neno Xesús, debuxo de Eduardo Padín Achegamos este fermoso poema, case unha panxoliña, do egrexio tudense Manuel Lago González que transmite coa súa habelencia o espírito deste tempo navideño que recolle a grandeza da existencia que é o amor xunto as fermosas imaxes de Eduardo Padín (cedidas xentilmente polo amigo Álvaro Caramés) e da recente nevada no monte Aloia, para desexarvos a todos:  Bo Nadal  !!!   O NENO DE BELEM       Neno de cabelos d’ouro meu amor e meu tesouro,           rico, ben, tanto coma a tu che quero non lle quixen nin espero quererlle nunca a ninguén.       Esas manada

Catro bispos tudenses e os nove aneis dos santos bispos de Santo Estevo de Ribas de Sil

Nestas xornadas de decembro os medios de comunicación recollen a descuberta de catro aneis nun dos relicarios da igrexa do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil (actualmente en proceso de restauración), concretamente nun arca que acollía no seu interior os restos óseos dos coñecidos como “os nove santos bispos”. Segundo recollen as informacións xornalísticas a urna preséntase dividida en catro compartimentos, que presuntamente conservan as reliquias de catro de aqueles nove bispos. Nun dos compartimentos, entre as reliquias óseas,  atopouse unha bolsa de tea (probablemente seda) con bordados en fío de ouro . Ante a sorpresa dos presentes,  dentro da pequena bolsa atopábanse catro aneis de prata con pedras de diversa calidade  e dous documentos escritos. Tomada de :  http://www.obispadodeourense.com/ Un deles é unha pequena etiqueta en pergamiño, que debía recoller os catro aneis. Na parte interna da mesma aparece un texto no que se pode ler: " Estes quatro aneis son dos que