Ir al contenido principal

Bo Nadal cunha panxoliña de Manuel Lago e debuxos de Eduardo Padín


A chegada do Nadal é unha oportunidade marabillosa para que dende Tudensia fagamos chegar a todos os nosos seguidores, en primeiro lugar, a nosa gratitude pola súa constancia e alento, especialmente neste ano de dor, confinamentos e incertezas, así como os nosos mellores desexos dun feliz Nadal e un venturoso ano 2021 que agardamos sexa unha alborada de alento que nos acariñe.

Neno Xesús, debuxo de Eduardo Padín

Achegamos este fermoso poema, case unha panxoliña, do egrexio tudense Manuel Lago González que transmite coa súa habelencia o espírito deste tempo navideño que recolle a grandeza da existencia que é o amor xunto as fermosas imaxes de Eduardo Padín (cedidas xentilmente polo amigo Álvaro Caramés) e da recente nevada no monte Aloia, para desexarvos a todos: 

Bo Nadal  !!!

 

O NENO DE BELEM

 

    Neno de cabelos d’ouro

meu amor e meu tesouro,

          rico, ben,

tanto coma a tu che quero

non lle quixen nin espero

quererlle nunca a ninguén.

 

    Esas manadas de feno,

en que estás deitado, Neno,

          frías son;

deixa que onda ti m’achegue

e te deite y-atafegue

no meu probe corazón.

 

    Pra que durmas ben contente,

n’el terás un leito quente,

          Neno Rei;

e d’amor unha fogueira,

no meu peito, á mesma veira

do teu berce che faréi.

 

    Ven e durme, queridiño;

ven á casa d’un mendiño

          descansar.

Esta cova está moi fría;

Fora d’ela venta e xía...

Vem a pôrte ó pe do lar.

 

    Hei facerche logo un trono;

mais agora durme un sono,

          caravel.

E despóis, cando t’ergueres,

heiche dar, si m’os quixeres,

leite amáis favos de mel.

 

    Hou, meu rei, meu amiguiño,

que na veira d’un camiño

          berce tes,

ven acá, ven ó meu peito

e descansa neste leito

que tan doce e quente ves.

 

    Aquí, neno, meu amigo,

vivirei solo contigo

          pra en xamáis;

e non quero máis ventura

nin riqueza nin fatura.

Ti soliño, e nada máis!


 

Manuel Lago González

Publicado en “La Integridad”


 



 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Derrubado o acueduto do Pontillón en Caldelas

Recollemos hoxe en Tudensia unha noticia que publicaba onte o xornal “Faro de Vigo” na que recolle o malestar dos veciños de Caldelas polas obras que está realizando a Confederación Hidrográfica Miño – Sil para “Mellora da permeabilidade no río Caselas” que busca facilitar o acceso de peixes polo río Caselas, en especial o salmón. https://www.farodevigo.es/comarcas/2020/08/14/caldelas-defiende-antiguo-acueducto-regadio/2326458.html A intervención ten ocasionado o derrube dun acueduto existente nese lugar de Pontillón, unha obra de arquitectura popular que forma parte do patrimonio cultural daquela parroquia de Caldelas ou da inmediata de Porto, pois existente dúbidas da situación deste acueduto. Sexa como for, resulta incomprensible a insensibilidade da Confederación Hidrográfica que non respecta estes elementos que forman parte do noso patrimonio etnográfico á hora de redactar o proxecto de intervención, onde valora os elementos de patrimonio natural (vexetación, fauna, etc.) pero

Alberto Estévez Piña, unha lembranza

  O pasado mércores, 27 de xaneiro, na tardiña recibía a noticia, inesperada, do falecemento de Alberto Estévez Piña. Unha triste nova coñecida, por eses azares inexplicables, xusto diante da igrexa de San Domingos, á beira da súa casa familiar, no barrio homónimo a quen tamén eu estou ligado por proximidade e vivencias. Dende Tudensia, que como sinala o seu subtitulo está dedicado a ofrecer “ Notas e noticias sobre Tui e os tudenses ”, cómpre lembrar a Alberto pola súa abondosa achega, ao longo de tantas décadas, á vida tudense, onde ten sido un constante animador de múltiples iniciativas, unha prodixiosa memoria sobre a vida de Tui e os tudenses, un espléndido conversador sobre a nosa cidade, pois sabía adornar cunha elocuencia, ás veces case cunqueiriana, calquera detalle da nosa existencia colectiva... unha bagaxe que se plasmaría no seu anunciado libro sobre o chamado crime do “Mosca”, na Sombraboa. Non pretendo facer unha biografía de Alberto Estévez Piña (1937-2021) nada máis

Visitas rexias a Tui. Dende 1502 con Manoel I de Portugual ningun outro monarca visitou Tui

Coñecedor da noticia da visita mañá mércores de S.M. El Rei D. Filipe VI á nosa cidade, concretamente á Comandancia Naval do Miño, inmediatamente xorde o interese por coñecer as anteriores visitas de monarcas á nosa cidade. Hai mais de cinco séculos que non visita Tui ningún monarca en exercicio. A última visita foi do rei portugués Manuel I no ano 1502 na súa peregrinación a Compostela.  Con brevidade faremos unha enumeración sinxelas destas visitas rexias á nosa cidade que non pretende ser exhaustiva, pois varios dos seguidores deste blog nos reclaman este post e non houbo tempo de consultar a documentación e bibliografía necesaria. Sirvan estas notas como un apunte abondoso. Como sempre o extraordinario traballo de Francisco Ávila y La Cueva, “Historia civil y eclesiásticas de la ciudad de Tuy y su obispado”, é a fonte básica de información para enumerar estas visitas rexias á nosa cidade, que trataremos de presentar cronoloxicamente. Carecemos de noticias sobre a presenza dun m