Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Maios

Aí ven o maio....

A celebración dos “maios” xorde como unha festa que manifesta a ledicia pola chegada da primavera, do novo agromar do mundo vexetal. Por eso estas celebracións son propias das sociedades agrarias onde estes ritos posúen un carácter propiciatorio, para garantir a colleita que asegura a propia vida. En Galicia tamén existen numerosas manifestacións do que se deu en chamar o “ciclo do maio” que, por mágoa, en moitos casos desaparecen a medida que avanza a transformación da nosa sociedade. Moitas destas manifestacións evolucionaron e foron cristianizadas. Comezabamos así no ano 2009 unha entrada neste blog sobre a celebración na nosa cidade da festa dos maios, unha tradición secular que dende os inicios dos anos sesenta do pasado século xa non se celebra en Tui. Na actualidade, fóra do ámbito escolar que continúan realizando maios dentro das súas actividades docentes, fican aínda expresións deste ciclo do maio, como é a colocación de xestas floridas nas portas e nos vehíc...

A festa do maios en Tui

A celebración dos “maios” xorde como unha festa que manifesta a ledicia pola chegada da primavera, do novo agromar do mundo vexetal. Por eso estas celebracións son propias das sociedades agrarias onde estes ritos posúen un carácter propiciatorio, para garantir a colleita que asegura a propia vida. En Galicia tamén existen numerosas manifestacións do que se deu en chamar o “ciclo do maio” que, por mágoa, en moitos casos desparecen a medida que avanza a transformación da nosa sociedade. Moitas destas manifestacións evolucionaron e foron cristianizadas. Velaí o caso da nosa cidade. Na nosa bisbarra conservamos algunha tradicións vencelladas ao ciclo do maio como o monumental arco que por San Brais erguen os veciños de Tabagón ou os ramos procesionais de Budiño, ou a tradición de colocar nos coches nesta xornada unha ponliñas de xesta. Carecemos de noticias sobre os maios na nosa cidade, agás as relativas a súa derradeira etapa, nos primeiros anos da década dos sesenta do pasado século;...