Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Muíño Mañoco

Boas noticias para o muíño Mañoco

Publican hoxe diversos medios de comunicación o acordo alcanzado entre a Asociación de Muiñeiros do río Tripes e a Fundación “Felix Rodríguez González” pola que esta cédelle á referida asociación a parcela onde está localizado este histórico muíño para proceder a súa rehabilitación. Unha boa noticia pola que felicitamos tanto á Asociación de Muiñeiros do río Tripes como a Fundación “Félix Rodríguez González” por canto con esta cesión agardamos se recupere este importante testemuño do noso patrimonio cultural, situado na ribeira do río Tripes, cerca da antiga ponte de ferro na rúa Martínez Padín da nosa cidade. Este muíño estaba integrado nun amplo conxunto coa ponte, tamén coñecida polo mesmo nome de Mañoco, que cruzaba o Tripes e que tiña nas súas proximidades, na outra ribeira, a fonte da Ouro no camiño cara a barca de Portugal e o Baixo Miño. Nesta ilustración de finais do século XIX podemos apreciar este conxunto. Vista de Tui, William Wihie Collins, Londres, 1908. Nos congratu...