Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Manuel Lago González

Bo Nadal cun texto de Manuel Lago González: “Noite Boa” (1892)

Felicitamos hoxe aos seguidores de Tudensia estas festas do Nadal recuperando un breve texto, non o chamaría nin relato, sobre como se celebraba a Noiteboa nas aldeas de Tui nas últimas décadas do século XIX, nun momento en que os labregos galegos vivían nunha economía de subsistencia e nunhas moi duras condicións de vida. Anxo no capitel do arco triunfal da igrexa de San Domingos de Tui, sec. XV Trátase dun texto de Manuel Lago González publicado o 24 de decembro de 1892 no xornal tudense “La Integridad”. Daquela Manuel Lago era un presbítero que formaba parte do claustro de profesores do Seminario tudense e que tiña unha activa participación como xornalista e na vida social en Tui. Ao xornalismo entregouse Lago con verdadeira ardentía e a tarefa que se impuxo foi querer incorporar a defensa das tradicións e os intereses de Galicia ao ideario católico de signo integrista (oposto radicalmente ao liberalismo). Este texto, que non foi publicado posteriormente a súa edición en “La Int...

2025: Centenario da morte de Manuel Lago González

A nosa cidade de Tui se identifica xeralmente con conceptos de patrimonio cultural pois os seus principais elementos referenciais teñen que ver con este legado monumental.  Pero nas últimas décadas asistimos a unha evolución do concepto de patrimonio que transita dende o conxunto de monumentos, xacementos arqueolóxicos e vestixios que posúen unha significación singular derivada da súa antigüidade ou dos seus valores artísticos, para converterse nun conxunto de bens tanxibles e intanxibles que recollen e expresan a herdanza cultural dun pobo. Por conseguinte o noso patrimonio está integrado non unicamente pola catedral e o conxunto histórico, senón tamén por un amplo abano de elementos inmateriais que temos recibido ao longo do tempo e que tamén conforman e determinan a nosa personalidade colectiva, a nosa identidade como comunidade. Un destes elementos inmateriais son as figuras egrexias que ao longo do tempo teñen sinalado fitos no devir histórico da nosa cidade e que se mante...

Dúas esculturas de Xoán Piñeiro en Tui

Dous recentes acontecementos nos ofrecen a oportunidade de abordar neste blog a presenza da obra do escultor Xoán Piñeiro na nosa cidade. Por unha banda, recentemente a Fundación Xoán Piñeiro ten editado en colaboración co Concello de Tomiño, o Concello de Cangas e a Xunta de Galicia unha monografía dedicada a análise da súa traxectoria e obra, coordinado por Chus Martínez Domínguez. Nos últimos meses, por outra banda, o Concello de Tui ten promovido unha obra de remodelación da praza da rúa Ordoñez onde está instalada unha das esculturas de Piñeiro en Tui, a dedicada ao arcebispo tudense Manuel Lago González. Unha obra que implicou o traslado do monumento e unha remodelación deste espazo urbano. Curiosamente na obra monográfica antes mencionada so figura unha breve cita deste conxunto escultórico dedicado a Lago González, e que non é, como veremos, unha obra menor de Piñeiro. A outra obra de Xoán Piñeiro en Tui é o monumento dedicado a José Calvo Sotelo, situado no inicio da Avda ...