Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2023

Os "gozos" de San Telmo

A tradición das novenas ou oracións (públicas ou privadas) como preparación durante nove días a unha festa litúrxica ou á celebración da festividade dun santo, é unha forma devocional espallada ao longo dos séculos pola Igrexa. Ten unha raíz bíblica en relación cos nove días de espera do envío do Espírito Santo por parte dos apóstolos, pois son nove os días entre a Ascensión e Pentecostes. Na Europa medieval xurdiu unha “novena de preparación” para o Nadal, lembrando os nove meses de embarazo da Virxe María. Dende esta novena, que segue na actualidade presente en numerosos lugares, derivouse o costume de realizar novenas -oracións durante os nove días previos- como preparación ás festas de Nosa Señora ou dos santos e tamén por diversas intencións. No “Diccionario de Autoridades” de 1732 se define á “novena” como “ espacio o término de nueve días que se dedican a la devoción y culto de algún santo, para alcanzar alguna gracia o favor por su intercesión, o para su celebridad ”. Trátase d