Este 24 de marzo cúmprese o 850 aniversario dun acontecemento histórico de gran relevancia para a historia de Tui. Nesa data, VIIII kalendas aprili Era MCCVIII , o rei Fernando II estando na nosa cidade concédelle á cidade de Tui e aos seus habitantes diversos privilexios e reordena o espazo territorial da cidade, unha decisión que marcou o devir da nosa cidade para sempre. Fernando II e Urraca (Tombo de Toxos Outos) O proceso de independencia do reino de Portugal afecta directamente a nosa cidade que entra nos obxectivos estratéxicos do reino galaico-leonés e do nacente reino portugués. Estes enfrontamentos entre os reis galego-leoneses e os condes portucalenses nos primeiros anos do século XII e as conseguintes invasión do territorio tudense polas tropas portuguesas temos de consideralos dentro do proceso de independencia do condado portucalanse: invasión de Tereixa en 1121 (ao ano seguinte o seu fillo Afonso Henriques, futuro rei portugués, será armado cabaleiro na nosa ...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses