Os seguidores de Tudensia teñen lido en innumerables oportunidades reflexións sobre que o patrimonio cultural tudense abrangue moito máis que a nosa catedral ou o conxunto histórico coas súas igrexas e rúas, ás súas expresións intanxibles I(hai escasos días falabamos das tradicións ligadas ao ciclo do maio), pero hai tamén outros bens patrimoniais de importancia senlleira que non son tan coñecidos dos cidadáns tudenses e que necesitan ser divulgados para espallar o seu coñecemento e valoración. Unha desas xoias escasamente coñecida é o denominado “Pontifical” tudense custodiado no Arquivo Catedralicio de Tui. Un centro que dirixe o cóengo Avelino Bouzón Gallego. Este obra é un códice realizado en pergamiño con ilustracións miniadas e iluminadas. É unha peza de finais do século XIII, realizado nun obradoiro de Roma e xunto a outro exemplar, da mesma orixe e cronoloxía da catedral de Sevilla, é unha peza única na Península Ibérica. O “Pontifical” é un libro litúrxico empreg...
Notas e noticias sobre Tui e os tudenses